INFANTÍS. ORTIGUEIRA, 10 - NUMANCIA, 2.
CLARA DERROTA DO NUMANCIA
Partido correspondente á décimo quinta xornada de liga que finalizou coa vitoria local. Ao descanso chegouse con clara vantaxe do Ortigueira por 5 - 0.
San Claudio, 23 de marzo de 2013
ALIÑACIONS:
ORTIGUEIRA: Francisco (Juan), Cristián, Diego Sueiras (Alvaro), Rafael, José (Daniel), Borja (Brais), Andrés Muíños, Luís (C), Tomas (Jorge), Adrián Núñez e Adrián Ben.
Adestrador: Pablo Maseda Vázquez.
Delegado: David Rodríguez Valle.
NUMANCIA: Fernando, Marcos, Raúl, Fran Martínez (Dani), Pablo Vascos, Javi (Gabri), Luís, Alex, Fran Anido, Pablo Ferro (C) e Diego (Antonio).
Adestrador: Enrique Javier Yanel Fernández.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.
COLEXIADO: Diego Fernández González . Sen incidencias.
GOLES:
1 – 0: Adrián Ben (min. 10) – Boa xogada combinativa por banda esquerda, pase ao segundo pau e remate a pracer do xogador local.
2 – 0: Cristián (min. 12) – Pase ás costas da defensa e vaselina perfecta ante a saída de Fernando.
3 – 0: Andrés Muíños (min. 14) – Centro á área por banda esquerda, rexeite defectuoso de Fran M. e gran disparo do xogador local que bate a Fernando.
4 – 0: Adrián Ben (min. 15) – Indecisión na defensa numantina que aproveita moi atento o xogador local.
5 – 0: Tomas (min. 17) – Centro dende a banda esquerda e remate a pracer do xogador local.
5 – 1: Gabri (min. 45) – Córner por banda esquerda botado por Luís e gran disparo de volea de Gabri que entra pegado ao pau.
5 – 2: Luís (min. 48) – Contragolpe dos aresáns por banda esquerda culminado por Luís cun gran disparo.
6 – 2: Brais (min. 57) – Contragolpe do equipo local por banda esquerda, pase ao segundo pau e remate sen oposición do xogador local.
7 – 2: Andrés Muíños (min. 60) – Xogada por banda dereita, pase atrás e bo disparo dende a frontal da área pequena que bate a Fernando.
8 – 2: Cristián (min. 63) – Contragolpe que define o xogador local.
9 – 2: Cristián (min. 72) – Despiste defensivo dos aresán que non desaproveita Cristián.
10 – 2: Cristián (min. 75) – Xogada por banda esquerda, pase ao segundo pau e remate a pracer do xogador local.
COMENTARIO:
Partido que tivo como claro dominador do encontro o equipo de Ortigueira. O Numancia viuse desarbolado nos primeiros 20 minutos de encontro, donde cada vez que chegaba o equipo local, marcaba gol. Ao descanso, os locais gañaban con un claro 5 - 0.
Na segunda parte, os aresáns saíron en tromba e conseguiron marcar dous goles seguidos nos primeiros 10 minutos. Pero o Ortigueira reaccionou e comezaron a ter o dominio do xogo e marcaron outros 5 goles máis nesta metade.
Felicitar ao Ortigueira polo magnifico encontro realizado condicionado polas numerosas baixas do Numancia. A pesar da derrota, queremos felicitar aos dous alevins (Pablo Vascos e Dani), polo gran encontro realizado.