INFANTÍS. NUMANCIA, 2 - EUME, 2.

PARTIDAZO NA 1ª METADE DO NUMANCIA

Partido correspondente a undécima e última xornada da primeira volta da liga que finalizou con empate entre os dous equipos. Ao descanso ó marcador reflexaba unha vitoria local por 2-0.


Prados Vellos, 23 de febreiro de 2013.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Fernando, Pablo Cavezza, Raúl, Antonio (Marcos), Piñeiro, Adrián Aneiros, Aléxis (Javi), Luís, Gabri (Adrián García), Alex (Diego) e Pablo.

No quencemento previo ao partido lesionouse Fran Anido a o que lle desexámos unha pronta recuperación.

EUME: Alejandro Martinez (Alejandro García), Francisco (Miguel), Andrés (Jorge Leira), Jorge Freijomil, Miguel, Iván, Antonio, Anthony (Álvaro), Borja, Paulino e Iago Martinez (Iago Leira).

COLEXIADO: Antonio J. Jaime Tortolero. Sen incidencias.

GOLES:

1 – 0: Piñeiro (min. 17) – Falta lanzada por Luís que remata Raul de cabeza, parada do porteiro eumés pero non atalla o balón e o rechaze o remata a gol Piñeiro libre de marca.

2 – 0: Pablo (min. 38) – Falta lanzada por Piñeiro que toca Raul de cabeza e o rexeite o remata a gol Pablo.

2 – 1: Miguel (min. 46) – Contragolpe visitante que Miguel tras desfacerse da súa marcaxe define maxistralmente cunha vaselina.

2 – 2: Iago Leira (min. 71) – Disparo lonxano e floxo dende a frontal da área que sorprende a Fernando pegado ao pao.

COMENTARIO:

Gran primeira metade do Numancia donde levou todo o peso do partido. Os aresáns saíron con moita intensidade, presionando ó rival en todo o campo e pouco a pouco empezaron a chegar as ocasións de gol. Despois do primeiro gol no minuto 17, o equipo local tivo ata tres claras ocasións de gol (Adrián Aneiros (2) e Alex (1)) para incrementar o marcador, pero non se puideron aproveitar. Antes do descanso o Numancia marcou un segundo gol co que se chegou á final desta magnífica metade por parte dos aresáns, facendo xustiza ao visto no térreo de xogo. Lástima desas ocasións desaproveitadas.

Na segunda metade o equipo visitante saíu con outra mentalidade e tivo o dominio do xogo. Os eumeses fixeron algúns cambios tácticos e puxo de dianteiro a Miguel, quen coa súa gran estatura e rapidez, creounos moito perigo. Os aresáns acusaron o gran esforzo realizado na primeira metade con o que non puideron contrarrestar o xogo do Eume e sufriron moitísimo sen o balón.

En resumo, resultado xusto a teor do visto no partido, cunha metade para cada equipo. Hoxe sen dúbida vimos a mellor primeira metade do Numancia dende que comezou a temporada, a pesar das importantes baixas de xogadores que tivemos nesta xornada. Os aresáns acaban a primeira volta cun total de oito puntos, repartidos en dúas vitorias, dous empates e sete derrotas. Agora empezamos a segunda volta da liga, o próximo venres, xogando na casa, contra un bo equipo, O Val.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.