INFANTÍS: R. FERROL, 10 - NUMANCIA, 1.

Numancia de Ares ADR. Infantís 2012-2013. R. Ferrol 10 - Numancia 1. A Gándara 01/02/13.PENOSO PARTIDO DO NUMANCIA.

Partido correspondente a oitava xornada da liga que finalizou coa vitoria do Racing. Ao descanso ó marcador reflexaba a vitoria do R. Ferrol por 4 – 0.


A Gándara, 1 de febreiro de 2013

ALIÑACIONS:

R. FERROL: Roberto Pita (Marcos), Álvaro, Alberto (Luís), Daniel Rey, Daniel Otero, David (Jacobo), Roberto Liaño, Ciprian (Manuel), Pol, Adrian e Alejandro.
Adestrador: Manuel Fernández.
Delegado: Francisco Manuel Cainzos.

NUMANCIA: Fernando, Gabri (Adrián G.), Raul (Adrián A.), Antonio (Javi), Piñeiro, Enol, Alexis, Luis, Alex (Diego), Fran e Pablo.
Adestrador: Antonio González.
Delegado: Javier Aneiros.

COLEXIADO: Rodrigo Serrano Naveiras. Sin incidencias

GOLES:

1 – 0: (min. 4) – Forte disparo de Manuel que desvia Fran e bate a Fernando.

2 – 0: (min. 10) – Balón a espalda da defensa e indecisión do porteiro numantino na súa saída, e David moi atento marca gol.

3 – 0: (min. 23) – Contragolpe local e remate a gol de Alejandro libre de marca.

4 – 0: (min. 34) – Balón centrado na área do Numancia, a defensa non é capaz de despexar o balón da súa área e Daniel Rey bate ao porteiro visitante.

5 – 0: (min. 51) – Fallo na marca do Numancia e disparo de Jacobo dende ó borde da área que bate por abaixo a Fernando.

6 – 0: (min. 62) – Outro fallo defensivo e disparo de Daniel Otero libre de marca.

7 – 0: (min. 66) – Boa xogada combinativa do Racing e gol de Manuel que marca sen ningunha oposición.

7 – 1: Adrian A. (min. 71) – Forte disparo do xogador aresano que entra pola escuadra esquerda do porteiro racinguista. Sen dúbida o mellor gol da tarde.

8 – 1: (min. 75) – Forte disparo de Pol dende o vértice da área que bate a Fernando inmovil na porteira.

9 – 1: (min. 77) – Centro á área dun xogador do Racing e remate de bolea de Luís que bate á porteiro visitante.

10 – 1: (min. 79) – Tiro lonxano de Luís que desvia Javi e engana a Fernando.

COMENTARIO:

Partido sen moita historia donde ó Racing foi moi superior durante os 80 minutos de xogo. Eles demostraron porque son os lideres do grupo e un dos firmes candidatos a loitar por unha das duas prazas que dan dereito a xogar a fase de ascenso á Liga Galega. O Numancia, mal, defensivamente dimos moitas facilidades, faltos de agresividade e ofensivamente non fumos capaces de crear ningún perigro. Os xogadores do Numancia borraronse dende o primer minuto de xogo, faltandolles, concentración, actitude e compromiso. Esperamos e desexamos que no próximo fin de semana, os xogadores aresans  se poñan as pilas e que pronto nos olvidemos deste desastroso partido.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.