INFANTIS: NUMANCIA, 1 - MANIÑOS, 1.
PRIMER PUNTO DO NUMANCIA EN LIGA.
Partido correspondente á sétima xornada de liga que finalizou co empate dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria local por 1 - 0.
Prados Vellos, 26 de xaneiro de 2013
ALIÑACIONS:
NUMANCIA: Fernando, Gabri, Raúl, Marcos (Antonio), Piñeiro, Adrián Aneiros, Fran (Diego), Enol (Javi), Alex (Adrián Garcia), Luís e Pablo.
MANIÑOS: Adrián Brage (Rubén), Jesús (Andrés), Daniel, Agustín, Borja, Alberto, Adrián Barreiro, Raúl, David (Angel), Diego e Geoffrey (Mario).
COLEXIADO: Diego Fernández González. Amoestou con tarxetas amarelas aos xogadores Alberto, Agustín, Diego e ao adestrador do Maniños e tamén ao xogador Antonio, do Numancia.
GOLES:
1 – 0: Luis (min. 15) – Mal saque de portería dun defensa visitante que toca Pablo e lle da un pase perfecto a Luís, que libre de marca, dispara por enriba do porteiro visitante.
1 – 1: Adrián Barreiro (min. 70) – Falta directa dende o bordo da área que engana a Fernando e ante o que no pode facer nada.
COMENTARIO:
Primeira metade con claro dominio local, onde os aresáns levaron o peso do partido, fixeron moi boas xogadas combinativas, contrataques, presión, e tiveron ata catro claras ocasións de gol pero os dianteiros non estiveron moi acertados. O equipo visitante non creaba perigo e Fernando pasou totalmente desapercibido. O Numancia fixo sen dubidas a mellor primeira parte desta liga, que rematou coa vitoria local por 1- 0. Lástima que cara a gol, fallaramos tanto e non puidéramos incrementar o marcador, e xa se sabe, quen perdoa o acaba pagando, e así foi.
Na segunda metade o Maniños saíu con outra mentalidade e así se igualou o dominio do xogo. O equipo visitante presionou moitísimo a saída de balón do equipo local e empezou a crear perigro na nosa área. O Numancia nesta metade estivo moi atascado, non puido realizar o seu xogo e tivo poucas ocasións de gol. Grazas a unha falta, por certo, mal sinalada polo árbitro, xa que debía ser a favor do equipo local o Maniños levou un punto de Prados Vellos.
En liñas xerais, moi bo encontro dos aresáns en especial na primeira metade, e que si estiveran mais acertados cara o gol evitaría un inxusto empate que non facía xustiza ao visto no terreo de xogo.