INFANTIS: NUMANCIA, 2 - ANIMAS, 3.

MALA SORTE DO NUMANCIA.

Partido correspondente á quinta xornada de liga que finalizou coa derrota do Numancia. Ao descanso chegouse cun empate, 1 - 1.

 



Prados Vellos, 12 de xaneiro de 2013

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Fernando, Antonio (Gabri min. 41), Raúl (Javi min. 64), Marcos (Pablo Cavezza min. 41), Adrián, Luís (Diego min. 49), Alexis (Fran min. 41), Enol, Alex, Piñeiro e Pablo.

ANIMAS: Borja, Walter, Miguel, Cristián, Manuel Valeros, Issac (Rui min. 75), Bruno, Manuel López, Yago (Xaquin min. 41), Jesús e Thyago (Álvaro min. 52)

COLEXIADO: Alejandro Méndez Bouza. Sen incidencias.

GOLES:

1 – 0: Piñeiro (min. 30) – Pase de Luis á espalda da defensa visitante e gol de Piñeiro tocando suavemente o balón.

1 – 1: Issac (min. 40) – Forte disparo de Cristián que Fernando non é capaz de atallar e despiste de Marcos na súa marca que habilita a Issac para anotar sen oposición.

1 – 2: Cristian (min. 43) – Disparo dende 30 mtrs do xogador visitante que entra pola misma escadra. Golazo.

2 – 2: Pablo (min. 55) – Pase de Adrián en profundidade a Pablo que cunha espléndida volea bate a Borja.

2 – 3: Jesús (min. 75) – Centro de Cristián e despiste de Pablo Cavezza que  rompe o fora de xogo e moi atento o xogador visitante bate a Fernando.

 

 

COMENTARIO:

Primeira metade con dominio alterno do xogo, donde o Numancia tivo dúas claras ocasións de gol pero os nosos dianteiros non estiveron moi acertados. O equipo visitante non creaba perigo e só cun fallo defensivo conseguiu un inxusto empate que non facía xustiza ao visto no terreo de xogo.

Na segunda metade a igualdade foi a tónica do encontro, donde o equipo visitante levouse a vitoria grazas aos fallos defensivos do equipo local. Quizais a clave estivo nun penalti errado polo Numancia a falta de 8 minutos para o remate do encontro que houbese sido o 3 - 2. Pero non poido ser.

En liñas xerais, bo encontro do Numancia que si estivera mais acertado cara o gol evitaría que o equipo visitante se levase os 3 puntos de Prados Vellos.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.