INFANTÍS. NUMANCIA, 0 - AS PONTES, 5.

Numancia de Ares ADR. Infantís 2012-2013. Numancia 0 - As Pontes 5. Prados Vellos 08/12/12.CLARA SUPERIORIDADE DOS DE AS PONTES.

Partido correspondente á segunda xornada de liga que finalizou coa vitoria de As Pontes. Ao descanso ó marcador reflexaba unha vitoria visitante por 0 – 2.

 

 

 

Prados Vellos, 8 de decembro de 2012

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Fernando, Antonio (Adrian Garcia min. 54), Raul, Marcos (Javi min. 62), Adrián Aneiros, Gabri, Enol (Pablo Cavezza min. 62), Luis (Fran min. 54), Alex (Diego min. 62), Piñeiro e Pablo.

AS PONTES: Malena, Manuel Fdez (Manuel min. 62), David (Bruno min. 49), Martín, Esteban, Diego (Adrián min. 34), Andrés, Anton (Manuel Paredes min. 52), Alejandro Martínez (Alejandro min. 49), Sergio e José.

COLEXIADO: Diego Fernandez González. Amoestou ao entrenador do Numancia.

GOLES:

0 – 1: Alejandro Martinez (min. 4) – Córner dende a dereita botado por As Pontes e Enol despistase na sua marca e o xogador visitante remata de cabeza dentro da área pequena sen ningunha oposición.

0 – 2: Andrés (min. 7) – Tiro dun xogador visitante que Fernando non consegue atallar, o balon se lle escapa das mans e moi atento o xogador visitante remata a pracer.

0 – 3: Bruno (min. 65) – Fallo na marcaxe do Numancia e marca o xogador de As Pontes, libre de marca, cun disparo dentro da área pequena.

0 – 4: Alejandro (min. 68) – Centro dende a banda esquerda e a defensa local non é capaz de despexar o balón, é Alejandro marca a pracer.

0 – 5: Manuel (min. 78) – Boa combinación por banda esquerda é o xogador visitante bate por abaixo a Fernando.

COMENTARIO:

Partido que dende o seu comezo tivo como claro dominador do encontro o equipo de As Pontes. O Numancia ainda que intentaba facer algunha combinación, prácticamente non veu o balon, intentando defenderse como ben podia da superioridade do rival. Na primeira metade os de Ares non tiraron ningún disparo entre os tres paus da porteria visitante, e grazas á boa labor realizada polo equipo a nivel defensivo, solo encaixaron dous goles nesta primeira metade.

Na segunda parte, o encontro seguiu polos mesmos derroteros, ainda que o Numancia intentou chegar algo mais á porteria visitante, a través dalgunha falta ou córner. Pero ainda así non houbo nada que facer.

En resumen, derrota ante un equipo moi superior ao noso que claramente será un dos favoritos para conseguir unha das duas primeiras prazas que da dereito a xogar na fase de ascenso á liga galega.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.