INFANTIS. NUMANCIA, 1 - EFR FERROL, 1

ADR Numancia de Ares. Infatís 2012-2013. Numancia 1 - EFR Ferrol 1. Prados Vellos 20/10/12.MOITA IGUALDADE NO CÉSPEDE.

Partido correspondente á sexta xornada de copa que finalizou con repartición de puntos. Ao descanso chegouse con empate a ceros.

 


Prados Vellos 20 de outubro de 2012.

ALIÑACIÓNS:

NUMANCIA: Nando, Alexis, Raúl, Marcos (Javier 62´), Piñeiro, Antonio, Pablo Enol (Diego 54´), Pablo Vascos (Iván 54´), Fran Anido (Adrián 54´), Luís e Pablo Ferro,

EFR FERROL: Alejandro Castro (Iván 50´), Iago, Alejandro Pérez (Miguel Martínez 51´), Estevo, Noya, Pablo Rubin (Andrés 66´), Miguel Leonardo, Marcos, Javier Ortega (Alejandro Saavedra 66´), Javier Rey e Adrián (Mario 66´).

COLEXIADO: José Priegue Leis. Sin incidencias.

 

GOLES:

1 - 0: Antonio (min 63).

1 - 1: Raúl Anido (propia porta) (min. 78).

 



Partido que comezou con bo ritmo e no que na primeira media hora ningún dos equipos foi quen de levar a iniciativa do xogo. No último tramo da primeira metade foi o conxunto ferrolano o que colleu o control pasando a dominar con claridade. Nesta primeira metade as aproximacións ás metas rivais foron máis ben escasas, pasando as oportunidades dos ferrolanos por disparos a balón parado, froito de faltas e saques de esquina que Nando detivo sen maiores dificultades. A mellor ocasión para os de Ares viría cinco minutos antes do descanso nun disparo bombeado que bota diante do porteiro e se estrela no longueiro. Finalmente marcharíamos ao descanso co marcador a cero

A segunda metade transcorreu polos mesmos derroteiros que a primeira, ata o minuto sesenta e tres, no que o Numancia poñíase por diante no marcador tras transformar Antonio un penalti. A partir de aquí o partido colleu outro ritmo, os ferrolanos tomaron a iniciativa e cun xogo baseado nun bo trato e circulación do balón fixeron repregar moitos metros os de Ares. O conxunto numantino malia estar moi presionado defendeuse ben e sen apuros, causando moitos problemas aos ferrolanos en xogadas de contragolpe. Houbo bastantes chegadas aos perímetros de ambas as dúas áreas pero non houbo acerto na definición por parte de ningún dos equipos. Froito dunha desas chegadas, no minuto 73, os ferrolanos estrelaron un balón no longueiro. E no minuto 78, nunha xogada desafortunada para os de Ares, Raúl Anido marca en propia meta, o que supoñía o empate para os ferrolanos.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.