INFANTÍS. NUMANCIA, 1 - R. FERROL, 5

EXCELENTE PRIMEIRA PARTE
Corenta minutos nos que os locais igualaron aos ferroláns en todo.
Ares, 3 de marzo de 2012


Partido correspondente á décimo sexta xornada de liga do quinto grupo ferrolán, celebrado este sábado en Prados Vellos.
ALIÑACIÓNS:
NUMANCIA: Adrián; Raúl, David, Óscar, Pablo; Miguel; Emi, Antón, Fran, Carlos; Sergio. Na segunda parte entraron Fernando, Luís, Alexis, Rañales e Alfredo.
Adestrador: Antonio González
Delegado: Javier Aneiros

R. FERROL: Carlos; Iván, Manuel, Miguel, Alejandro, Mateo, Jacobo, Moi, Miguel, Guillermo e Permuy. Tamén xogaron: Daniel, Cristian, Javier, Serantes e Aleixo.
Adestrador: Fernando Gundín.
Delegado: José Seoane.

ÁRBITRO: Rodrigo Serrano. Foron amoestados David (Numancia) e Mateo (R. Ferrol).

COMENTARIO: Por fin puidemos ver a estes rapaces sacar un pouco de xenio para disputar os balóns, ese espírito combativo imprescindible para intentar obter aquilo que se prevé imposible. E mentres as forzas estiveron niveladas, o Numancia foi tan bo equipo coma o R. Ferrol chegando ao descanso co resultado de empate a un gol que reflectía con exactitude os merecementos dos dous equipos. Poucas chegadas a portería nesta primeira parte, sen apenas esixencias para os dous porteiros pero con moita intensidade no medio campo onde se disputaba con enerxía cada balón. O primeiro gol foi para os ferroláns nun remate que Adrián non puido atallar superándoo por alto pero os locais non acusaron o tanto e puideron empatar grazas a unha interceptación de Emi na súa banda, que el mesmo aproveitou encarando a Carlos e rematando por baixo ao fondo das redes.
Na segunda parte, a superioridade física do Rácing foi decisoria, aínda que tivo que esperar aos últimos dez minutos para pechar o partido, conseguindo tres goles que deixan un marcador enganoso.
O próximo partido será contra o Perlío no campo de Os Pinares.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.