INFANTÍS. AMISTADE MEIRÁS, 0 - NUMANCIA, 1

SUFRIDA VITORIA

 

Un triunfo que debe axudar para recobrar a moral e a ilusión 
Ares, 11 de decembro de 2011
Partido correspondente á sétima xornada de liga do quinto grupo ferrolán, celebrado o sábado no campo de Atios.
ALIÑACIÓN:
NUMANCIA: Antonio (Fernando, m. 41); Rolo, Lemos (David, m. 41), Seijas (Rañales, m. 41), Óscar, Piñeiro, Alexis, Miguel (Fran F., m. 41), Luís (Ían, m. 55), Antón e Pablo.
COMENTARIO: Un gol de Antón conseguido aos 15 m. serviu para lograr unha vitoria que se resistía nos últimos partidos. Certo é que o campo non estaba nas mellores condicións pero isto non debería ocultar o baixón de xogo e actitude nos rapaces numantinos. Veremos se estes tres puntos contribúen a levantar a súa moral e poden recuperar o xogo combinativo que poden e saben realizar. 
Esta vindeira semana modifícanse os adestramentos desta categoría, decisión condicionada polos exames académicos a que estarán sometidos os rapaces, de xeito que só adestrarán o venres, 16 de decembro, suprimíndose os adestramentos do martes e xoves. 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.