INFANTÍS: NUMANCIA, 2 - MEIRAS, 4.

Un Numancia en caída libre que no consigue remontar.

Sábado, 7 de marzo de 2009.

Ramón.


Categoría: INFANTÍS (xornada 26)

NUMANCIA, 2 - MEIRAS, 4.


ALINEACIÓNS:

NUMANCIA: Pepe, Roque (Alejandro, m.64), Miguel, Miguelito, Juan (Dario, m. 30), Adrián, Quique, Javier, Ricardo, Edu, David (Andrés, m. 61).

MEIRAS: Rafael, Bieito, Manuel, Carlos, Aitor, Adrián, Jhonatan, Pablo, Ángel, Francisco Piñeiro (Francisco Ramos, m. 62), Juan, (Víctor, Sergio e Alberto).

ARBITRO: David Brito Regadera.


TARXETAS:

No minuto 22 foi expulsado Pablo Leira, adestrador do Meirás, ao amosarlle o colexiado tarxeta vermella.


COMENTARIO:

S.D.R. Numancia de Ares. Categoría Infantil. Temporada 2008-2009. Prados Vellos. Numancia - MeirasMala traxectoria do Numancia no que vai de segunda volta do campionato, ao encaixar a quinta derrota de oito encontros disputados, nesta ocasión fronte o Meirás en Prados Vellos, nun enfrontamento no que exerceron de capitáns Edu e Fran.

O encontro puxose de cara moi rápido para os visitantes, que no minuto 2 se adiantaban no marcador, ao sorprender Adrián a Pepe de forte disparo dende a frontal da área, que o supera por alto. No minuto 6 os locais terían a oportunidade do empate nas botas de Ricardo, que a pase cruzado de Edu, e despois de regatear o gardameta estrela o esférico no travesaño.

No minuto 14 ao saque dun corner a defensa numantina non acerta a despexar o balón que queda morto no punto de penalti é aproveitado novamente por Adrián, libre de marca, para rematar a pracer e establecer o 0 - 2 no marcador.

S.D.R. Numancia de Ares. Categoría Infantil. Temporada 2008-2009. Prados Vellos. Numancia - MeirasMinuto 26, roubo de balón de Edu en medio campo, pase en profundidade que gaña as costas dos defensas é aproveitado por Ricardo para bater por baixo ao gardameta visitante, acurtando distancias no marcador, 1 - 2. Este gol levantou o ánimo dos aresáns que gozarían de dúas boas ocasións máis nas botas de Edu e Ricardo. Pero serían de novo os visitantes nos minutos finais da primeira metade (m. 38) quen ao bote dun corner en curto, collen por sorpresa á zaga numantina, intérnanse na área, ninguén acerta a meter o pé e Francisco Piñeiro envía o balón ao fondo das mallas (1 - 3), resultado co que se chegaría ao descanso.

No minuto 58 contraataque pola banda esquerda do Meirás, balón colgado á área que a defensa aresana non acerta a despexar, cae nos pés de Ángel que remata á porta (1 - 4). Xa co encontro prácticamente rematado (m. 78), libre directo no bordo lateral da área, Quique dá mostras da sua pillería e saca con rapidez sorprendendo a todos, para establecer o 2 - 4 definitivo.

Nesta segunda metade tanto os locais, pero maiormente os visitantes, gozarían de varias ocasións máis de gol, pero o acerto de ambo los dous gardametas e o infortunio dos dianteiros impedirían que subisen ao marcador.

O Numancia que non fixo un mal partido, tivo as súas oportunidades, e deu a cara en todo momento, pero foi a remolque do rival que marcou o tempo do encontro. Un encontro no que a superioridade tanto técnica como física foi manifesta e determinante no resultado final.

Cabe destacar polo Numancia a Miguelito (tivo moito traballo pola diferenza física coa súa marcaxe, pero non se amilanou), Pepe (que evitou unha goleada máis avultada, aínda que debería falar menos e xogar máis), Ricardo (estivo mellor que noutros encontros, pero debe ser mais incisivo), Edu (aínda que non foi o seu mellor día). En definitiva partido aceptable de todos tendo en conta o potencial do rival.

No Meirás destacaría a Manuel (3), Adrián (6), Ángel (9) e especialmente Pablo (8) que tivo unha actuación soberbia.


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.