Infantís: Numancia, 13 - Barallobre, 0

A.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2010-2011. Numancia, 13- Barallobre, 0. Prados Vellos.Monólogo Numantino.
Clara e contundente vitoria do Numancia fronte ao Barallobre nun encontro onde os porteiros locais foron espectadores do encontro que no descanso rexistraba vitoria aresana por 4 a 0.

Prados Vellos. 05/03/2011

Aliñación: Roberto (Agustín 40'), Rolo (Emilio 40'), Alberto, Nico (Tomás 57'), Marcelo, Miguel, Carlos, Andrés Novoa, Iván, Brais ( Miguelín 55'), Sergio Rico ( Ángel 40').

Goles: Iván (6), Ángel (3), Alberto, Sergio Rico, Carlos e Marcelo.

 

1-0 (10'): Entrada por banda dereita de Iván apóiase en Andrés Novoa que asiste novamente a Iván para que abra o marcador.
2-0 (15'): Cambio de orientación de Miguel desde a banda esquerda, control de Andrés que se interna pola dereita e pasa ao pico da área para que Iván volva anotar.
3-0 (37'): Falta na frontal da área que Alberto pon na escadra dereita por encima da barreira facendo imposible a estirada do porteiro.
4-0 (40'): Entrada pola dereita de Iván que desde a área pequena asiste a Sergio Rico que envía ao fondo da rede.
5-0 (48'): Roubo de balón no medio campo de Iván que sae na a contra, apóiase en Brais quen lle devolve anotando Iván sobre a saída do porteiro.
6-0 (54'): Nova recuperación no medio campo de Miguel pase en longo a Ángel que tras percorrer medio campo pon o balón por alto entrando pegado ao traveseiro, sobre a saída do porteiro ao bordo da área.
7-0 (70'): Xogada entre Iván e Andrés Novoa con pase final a Ángel que resolve desde preto.
8-0 (72'): Pase en profundidade de Miguelín sobre Iván que se planta no pico esquerdo da área pequena, o primeiro disparo despéxao o porteiro pero o rexeite envíao Iván ao fondo da rede.
9-0 (74'): Entrada de Iván en longo adiantándose á saída do porteiro para batelo.
10-0(77'): Rexeite que chega a Iván ao bordo da área e coloca o balón na escadra dereita da meta visitante.
11-0(78'): Pase en longo de Iván para Ángel que revolve ante a saída do porteiro.
12-0(79'): Xogada por banda esquerda que chega ao bordo de área a Carlos quen cede máis á dereita a Marcelo que pon o balón na escuadra dereita fora do alcance do meta visitante.
13-0(80+): Na prolongación, xogada individual de Carlos que se interna na área e anota o 13-0 definitivo.


Comentario:

O encontro foi claramente do Numancia que dispuxo de moitas ocasións para facer aínda máis amplo o resultado. Os visitantes apenas chegaron á meta de Roberto no primeiro período e non chegaron nin unha soa ocasión preto de Agustín na segunda metade. A diferenza doutros encontros os locais non se relaxaron a pesar de ir por diante no marcador, xogaron serios e ordenados saíndo con rapidez ante un rival con vontade pero que nunca deu sensación de perigo. A próxima xornada, fronte á E.F.Racing, será a última do campionato ligueiro e terá como aliciente o poder conseguir a vitoria para asegurar a 4ª praza do grupo.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.