Infantís: Maniños, 3 - Numancia, 8.

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2010-2011. Maniños,3 - Numancia, 8. O Pote. Maniños. FeneO enfermo mellora.

O equipo numantino conseguiu a vitoria por 3 a 8 e mostrou unha mellor versión que en partidos anteriores sobre todo no primeiro tempo do encontro chegando ao descanso con 0-4 no marcador.

5/02/2011 O Pote - Maniños - Fene

Aliñación: Roberto; Emilio, Óscar, Sergio Rodríguez (Nico 66'), Carlos; Alberto, Andrés Novoa, Miguel, Ángel (Rolo 52'); Iván (Miguelín 61') e Sergio Rico (Martín 40').

Goles: Iván (3), Carlos (2), Ángel, Emilio e Martín.

 

As cousas comezaron con bo pé para os aresanos que na xogada de saque inicial a combinación entre, Andrés, Alberto, Andrés para plantarse na área e pasar a Sergio Rico quen cedeu o balón a Iván quen elevando o balón ante a meta local abriu o marcador aos 40 segundos. (0-1)
Esta saída fulgurante tivo continuidade e as combinacións sucedíanse con internadas por banda e chegadas á área local con moitos efectivos.
Aos 11 minutos unha xogada por banda esquerda entre Ánngel e Carlos chega a Sergio Rico quen desde o pico da área pequena pon o balón ao segundo pau para que Emilio entrando desde atrás marque o 0-2.
O Maniños quería saír pero tanto o medio campo como a defensa aresana estaban atentos e cortaban o xogo rival.
No minuto 31 una destas recuperacións permite a Iván arrincar desde campo propio e por velocidade plantarse diante da meta local e batelo na súa saída (0-3).
No minuto 38 nova internada de Ángel pola banda esquerda gañando a liña de fondo e pasando cara atrás para que Iván anote o seu terceiro tanto. (0-4).
Con 0 a 4 chégase ao descanso e as sensacións do equipo visitante son alentadoras, seguros en defensa, con seguridade e orde no medio campo e con moita chegada en ataque. Aprovéitanse ben as bandas e non se pegan pelotazos sen sentido, se non que se tratan de buscar os cambios de orientación apoiándose na defensa se é necesario.
O segundo tempo mostra novamente a cara menos agradable dos aresanos, aos 50 minutos pérdese un balón no medio campo e permite aos locais entrar por banda esquerda e cruzar ao pau longo un balón ante o que non pode facer nada Roberto.
Sen chegar ao nivel do primeiro tempo, os aresanos reponse e no minuto 4 Carlos apóiase en Miguel quen lle devolve o balón para que se interne na área e desde o punto de penalti anote o 1-5.
No minuto 11 e grazas a un saque de esquina que saca Miguel e prolonga no primeiro pau Alberto permite a Ángel anotar desde o segundo pau o 1 a 6.
O equipo aresano reláxase e perde o sitio no medio campo, ademais de ter erros importantes medio campo e en defensa .
Grazas a un deses erros defensivos o Maniños anotaría no minuto 16 o 2-6 ao aproveitar unha indecisión defensiva e plantarse o dianteiro local ante Roberto conseguindo batelo.
Fisicamente nótase o desgaste nos aresanos e os locais buscan acurtar distancias. Un novo erro en banda dereita permite que un xogador local conecte desde dentro da área un forte disparo que se coa pola escuadra e ante o que Roberto nada pode facer. (3-6).
A pesar do discreto xogo visitante nesta fase do encontro, o gol local parece picar aos visitantes que se envorcan en ataque e Martín consegue anotar no 31 o 3-7 cun disparo desde a frontal da área.
Sen tempo de reacción unha nova combinación no minuto 32 entre Carlos e Martín permite a Carlos finalizar anotando desde dentro da área o 3-8 definitivo.
En resumo, un partido cun primeiro tempo bo onde se puxo ganas, tentouse xogar e viuse a un Numancia concentrado e unha segunda metade máis discreta con lagoas no medio campo e fallos defensivos pero que contou coa intensidade e ganas que en partidos anteriores non se mostrou.
Aínda que queda moito por arranxar, parece que se pode ver un pouco de luz.



 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.