Infantís: Barallobre, 2 - Numancia, 3

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2010-2011. Barallobre,2 - Numancia, 3. O Ramo, Barallobre (Fene)O campo dificultou o xogo.
O Numancia impúxose, con dificultades, ao Barallobre nun partido onde os visitantes sufriron moito polo estado do terreo de xogo. Ao descanso chegouse con vitoria visitante por 1-2.

O Ramo, Barallobre (Fene) 4/12/2010

Aliñación: Roberto; Rolo (Brais 40'), Óscar, Nico (Martín 40'), José Manuel (Emilio 40'); Miguel, Andrés Novoa, Alberto, Marcelo; Miguelín (Iván 40'), Sergio Rico (Fran Rañales 40').

Goles: Alberto, Marcelo e Martín.
 

 


O cambio de superficie non sentou moi ben aos numantinos, afeitos ao céspede artificial, o campo de herba natural, brando e irregular dificultou o xogo aos visitantes. Erráronse moitos pases, tíñanse dificultades no control do balón, caídas inoportunas á hora de disparar e sobre todo falta de puntaría nos disparos a gol.
Todo iso fixo que o partido fose máis igualado do esperado, pois o Barallobre atopábase máis cómodo e en máis dunha ocasión puxo en apertos a meta de Roberto que tería que saír fóra da súa área para cortar os ataques locais.
Con todo pronto se puxo de cara o partido para o Numancia que no mínuto 5,  grazas a un corner que saca Miguel, Alberto cabecea á rede conseguindo o 0 - 1.
Dominaba o Numancia pero sen concretar e o Barallobre avisaba á contra pero no minuto 27, unha indecisión entre a defensa e o porteiro local aprovéitaa Marcelo para enviar ao fondo da portaría dende dentro da área á altura do punto de penalti. (0 - 2).
Cando parecía que se chegaría ao descanso co 0 - 2 o Barallobre conseguiría acurtar distancias no minuto 40', grazas a que o equipo visitante perde o balón no medio campo e os locais  envían un pase ás costas da defensa Numantina que aproveita o dianteiro do Barallobre para bater na súa saída a Roberto. (1 - 2)
Tras o descanso e cos cambios, os ataques visitantes séguense producindo e téñense claras ocasións a pés de Andrés Novoa, Iván, Martín e Fran Rañales. Sería no minuto 61' cando unha deixada de Iván a Martín ao bordo da área permite que dun disparo forte e elevado que o meta local non pode atallar establézase o 1 - 3.
Os problemas para controlar o partido seguían no equipo visitante e só a falta de pegada local impediría pasar maiores apuros aos visitantes. O premio tardío para os locais chegaría no minuto 78' cando unha nova perda de balón no medio campo do Numancia convértese nun pase en profundidade do Barallobre que sorprende á defensa visitante permitindo novamente ao dianteiro local bater a Roberto e establecer o 2 - 3 definitivo.
A pesar de non ser un bo partido, condicionado quizais polo estado do campo, conseguíronse o tres puntos.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.