Infantís: Meirás, 7 - Numancia, 0

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2010-2011. Meirás, 7 - Numancia, 0. Misael Prieto - Meirás - ValdoviñoNaufraxio en Meirás

Despois de "salvar o temporal" durante a primeira parte o equipo infantil afundiuse nun segundo tempo desastroso.

 

 Sábado 2 de Outubro 2010. Misael Prieto - Meirás (Valdoviño)

Aliñación: Kike (Roberto 40'); José Manuel (Rolo 40'), Alberto, Óscar, Marcelo; Martín (Brais 40'), Carlos, Andrés Novoa, Miguelín; Ángel, Sergio Rico (Nico).

Os locais dominaron o primeiro tempo pero os visitantes souberon aguantalos cun bo traballo defensivo con saídas á contra que xerou pouco perigo. O Meirás era superior no medio campo o que impedía aos de Ares xogar con orde. Aínda así en defensa os numantinos estaban acertados pero no último minuto do primeiro período un erro defensivo permitiu aos locais abrir o marcador. Co 1-0 chegábase ao descanso.
Os visitantes acusaron en exceso este golpe e para máis desgraza víronse obrigados a realizar todos os cambios por problemas físicos en Martín, José Manuel e Sergio Rico. A pesar dos contratempos, na continuación o Numancia puido igualar o encontro nunha primeira chegada que non foron capaces de aproveitar. O aviso alertou aos locais que tomaron de novo a iniciativa e no minuto 46 aproveitando un novo erro aresano puxeron o 2-0 no marcador e afundiron definitivamente ao Numancia. A partir de aí as ocasións locais sucédense unha tras outra e os goles van  subindo ao marcador: 3-0 (49') xogada polo centro e tiro desde o bordo da área, 4-0 (65') roubo de balón ao bordo da área e disparo a gol, 5-0 (75') contragolpe con balón ás costas da defensa polo pico esquerdo da área con pase cruzado ante a saída de Roberto e rematando a xogada case baixo paus, 6-0 (78') entrada por banda esquerda con centro e remate dentro da área pequena e 7-0 (80') novo tiro desde a frontal da área, o balón dá no traveseiro e acaba entrando. Entre tanto gol local, un par de ocasións visitantes erradas que puideron maquillar algo o resultado.
En resumo un Meirás moi superior ao Numancia onde só se pode salvar o labor defensivo do primeiro tempo, o centro do campo sempre foi superado polos locais e o ataque foi nulo. Toque de atención para os aresanos que  terán que "porse as pilas" se queren facer algo na competición.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.