Infantís. Vencedores do torneo de Barallobre.

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2010-2011. Torneo de Barallobre.Vencedores do I Torneo de Fútbol Infantil de Barallobre
O equipo de infantís fíxose co torneo de Barallobre disputado o pasado sábado 25 de setembro ao imporse ao Perlío na semifinal e ao Rápido de Neda na final.

25/09/2010 O Ramo - Barallobre (Fene)

Semifinal disputada pola mañá.

Perlío, 3 - Numancia, 5

Xogaron polo Numancia: Roberto (Kike), Emilio (Rolo), Marcelo (Brais), Alberto, Óscar; Martín, Andrés Novoa (Miguel), Ángel (José Manuel), Carlos, Fran e Sergio Rico (Tomás).

Goles: Martín (3), Carlos, Emilio

Partido disputado onde se adiantou a pouco de comezar o Perlío (1-0) pero que se chegaría ao descanso cun 3-1 favorable aos aresanos grazas aos goles de Martín (1-1), Carlos (1-2) e novamente Martín (1-3). Bo primeiro tempo con ocasións onde o Numancia desperdiciou un penalti con empate a un no marcador.
Segundo tempo cun guión parecido, acurtando distancias o Perlío (2-3) e reaccionando os aresanos con goles de Emilio (2-4) e novamente Martín (2-5), co partido case finalizado acurtaría distancias novamente o Perlío (3-5).
En resumo partido disputado onde o Numancia mostrouse algo máis superior sobre todo cara a porta, clasificándose así para xogar a final ante o Rápido de Neda que eliminou por penaltis ao Barallobre despois de empatar a 5 tantos.

Final disputada pola tarde.

Rápido de Neda, 0 - Numancia, 13.

Xogaron polo Numancia: Antonio (Agustín); Rolo (Ángel), Berto, Óscar (Carlos), Sergio Rodríguez, Martín, Miguelín ( Sergio Rico ), Emilio, Marcelo; Nico (Fran), Andrés Novoa.

Goles: Nico (3), Marcelo (2), Sergio Rico (2), Ángel (2), Martín, Emilio, Carlos e Andrés Novoa.

Partido moi desigual onde o Rápido de Neda acusou en exceso o esforzo da mañá e ter un persoal de primeiro ano e cun número de efectivos moi xusto. Durante a primeira parte que finalizou con 0-6 apenas inquietaron os de Neda a Antonio que só interveu nun par de ocasións. A segunda parte cos xogadores do Neda desmoralizados, os ataques do Numancia fóronse convertendo en goles e deixaron a Agustín sen intervir nin nunha soa ocasión.
Partido atípico condicionado polas circunstancias que permitiu aos de Ares facerse co I Torneo de fútbol infantil de Barallobre.
Acabáronse as probas e o próximo fin de semana comeza a liga. Primeiro desprazamento e primeiro exame en Meirás.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.