ALEVÍNS. NUMANCIA, 8 - ÁNIMAS, 1.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2009-2010. Numancia 8 - Ánimas 1. Prados Vellos.UN PASO DE XIGANTES.
Penúltima xornada da fase de grupos da Copa onde o Numancia venceu con moita comodidade ó Ánimas en Prados Vellos.


Sábado 08 de maio do 2010.

4ª xornada de Copa, categoría alevín, grupo 2.

SDR NUMANCIA, 8 – ÁNIMAS, 0.

ALINIACIÓNS:
Numancia: Adrián, Fran M., David, Emilio, Miguel, Sergio (capitán), Luís, Fernando, Piñeiro, Carlos, Alexis e Pablo.
Ánimas: Unai, Santiago, Manuel, David, Diego, Bruno, Iago, Cristofer, Borja, Alejandro e Alberto.

COLEXIADO: D. Francisco García Rodríguez (Delegación de Ferrol)

GOLES: Carlos (3), Sergio (2), Luís (2) e David.

COMENTARIO:
Nunha mañá de sábado con nubes e orballo, pero con moi boa temperatura para a práctica do fútbol o noso equipo fixo un bo partido ante ó Ánimas de Ferrol, dando un pase de xigantes hacia os cuartos de final da competición.
Comezou o encontro con gol, xa que nunha acción desafortunada un xogador visitante tropeza co balón na súa área, a pelota queda morta para Luís que o introduce na porta conseguindo o 1-0 no primeiro minuto de xogo. O primeiro tramo do partido foi claramente aresán, xa que o Numancia facía un bo xogo, con moitas internadas por banda e balóns ás costas da defensa ferrolá. Un deses balóns e aproveitado por Sergio que so ante o porteiro picao moi ben nunha magnífica definición que tería como premio o 2-0 no minuto 5 de xogo. Debido o empuxe numantino, eran moitas ás veces que o balón chegaba á area ferrolá. Nunha desas ocasións, o balón volve a quedar morto na área visitante, e un especialista nesas xogadas como Luís recolleo, dispara e consigue o 3-0 no minuto 10 de partido. Estaban ó encontro moi de cara para os aresáns, iso fixo que se relaxasen un pouco, tendo algunha que outra imprecisión por mor dalgúns controles errados, o que permitía ó Ánimas roubar o balón e achegarse a meta local, aínda que o noso porteiro Adrián axudado polos paus foi capaz de manter a portería a 0 na primeira metade. Antes de irnos ó descanso, unha xogada combinativa era rematada por Carlos ata 3 veces, á terceira foi a vencida conseguindo o 4-0 co que se chegou ó descanso.
Na segunda metade mais do mesmo, dominio local, moito xogo de toque e moi resolutivos arriba. Sergio e Carlos, este último en dúas ocasións ampliaban a conta nos primeiros minutos da segunda metade, aínda que o Ánimas conseguía o gol da honra nun desaxuste defensivo local. Nos últimos minutos un penalty serviulle a David para lograr o seu primeiro gol da tempada e de paso redondear a conta. Dous fortes disparos de Alexis e Miguel que foron interceptados polo gran porteiro do Ánimas e da selección ferrolá Unai e polo traveseiro, servían para por o broche final a un partido que non tivo moita historia.
En resumo, bo partido do Numancia. Destacar o bo nivel dalgúns xogadores de segundo ano que por fin tiran do carro, e como non, dos xogadores de primeiro ano que sempre cumpren con nota, e nos partidos nos que están tendo mais importancia están demostrando que son moi útiles e que teñen por diante un futuro prometedor. Isto ten que ser un mensaxe para algúns xogadores en particular e para o equipo en xeral. Sempre dicimos o mesmo, todos somos importantes, ninguén é imprescindible e o estamos a demostrar xornada tras xornada. Vitoria moi importante para o Numancia, sumado ao resultado As Pontes 3 – E.F.R Ferrol “D” 1, significa que o Numancia afrontará o último partido en Perlío cunha vantaxe de 3 puntos e de 15 goles sobre o equipo pontés. Última xornada, Perlio – Numancia e Animas – As Pontes onde estará en xogo o primeiro posto do grupo que da acceso a xogar ós cuartos de final ante o mellor segundo clasificado de todos os grupos. Primeiro posto que salvo hecatombe, ten que ser para os aresáns aínda que xa se sabe que “ata o rabo todo e touro” pero como din no anuncio ¡¡¡malo será¡¡¡.
Polo tanto ó vindeiro fin de semana, todos a desfrutar do noso equipo a Perlío. Un partido onde os mais cativos intentarán seguir demostrando a sua progresión e por a guinda a esta fase de grupos. Vémonos logo o vindeiro fin de semana en Perlío, nas magníficas e renovadas instalacións dos Pinares. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.