Alevíns: Martín na nova convocatoria da selección de Ferrol

Este vindeiro domingo, 11 de xaneiro, están convocados  ás 10.30 h. no campo da Gándara, para tomar parte nun adestramento de preparación os seguintes xogadores:

ÁNIMAS: Raúl Pérez, Ismael Graña e Iván Sanemeterio

AS PONTES: Enrique Fornos

CARIÑO: Juan Antonio Breijo

CEDEIRA: Arturo Rúa

MEIRÁS: Aitor Hermida e Javier Franco

NARÓN: Francisco Soto e Diego Porca

NUMANCIA: Martín Pérez

R. FERROL: David Troitiño, Simon Álvarez, Carlos Amado e Artay Miraz.

R. SAN PEDRO: Xaquín Torres.

Como podemos comprobar, Martín repite convocatoria. Se ben no partido contra o Ural celebrado o xoves (con resultado de 2 - 4, favorable aos coruñeses) tivo unha actuación condicionada polos nervos do debut, estando pouco participativo aínda que, como é habitual, marcou un gol cun disparo desde fóra da área, parece que o seleccionador quere observalo de novo.

Nesta convocatoria hai que salientar, con respecto á anterior convocatoria, a presenza dos xogadores do Narón e do R. Ferrol.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.