ALEVÍNS. NUMANCIA, 3 - R. FERROL E, 0

¡¡¡SUBCAMPIÓNS DE LIGA¡¡¡
Penúltima xornada de liga onde o Numancia se impuxo ao Racing “E” asegurando desta forma o segundo posto na competición de liga.


Ares, 12 de marzo de 2010

 

NUMANCIA: Adrián, Óscar, Nico, Alexis, Fran F. (capitán), Pablo, Miguel. Fran M., Sergio, Carlos, Antón e Luís.

EFR FERROL “E”: María, David, Raúl, José, Álvaro, Carmela, Pablo, Lucas, Manuel e Alejandro.

GOLES: Carlos (2) e Alexis.

ÁRBITRO: D. Manuel Bejarano Estepa (Delegación de Ferrol)

COMENTARIO: Nunha tarde fría e seca de venres enfrentábase o Numancia ante un dos equipos da parte baixa, con xogadores de primeiro ano, o Racing “E”. Falaremos pouco do partido xa que non tivo moita historia.
Comezaron fríos os dous equipos, sobre todo o Numancia, demasiado relaxado neste encontro, perdendo balóns “tontos” que daban moita vida ao Racing “E”. Este panorama propiciou unha primeira metade de partido con ocasións para os dous equipos, nas que o Numancia foi quen de mandar o balón á rede nunha ocasión por medio de Carlos que aproveitou un rexeite da defensa ferrolá despois do saque dun córner por parte dos aresáns, no minuto 15 de encontro. Con este resultado, 1-0, chegouse ao descanso.
 Na segunda metade un Numancia moito máis metido no encontro conseguiría outro gol nunha xogada individual de Carlos que acabou mandando o balón ao fondo das mallas. 2-0 no minuto 5 da segunda metade. De aí en adiante, os numantinos foron quen de mellorar o seu xogo, facendo boas xogadas e tendo varias ocasións nas que unha delas nos últimos minutos do encontro foi rematada por Alexis a gol conseguindo o resultado final de 3-0.

En resumo, moita deportividade nun partido de trámite para os nosos, no que o importante foi a gran participación dos xogadores de primeiro ano que tomaron o protagonismo do encontro, rendindo a un moi bo nivel. Felicitar ao Racing “E” pola súa gran melloría nesta tempada, un equipo moi novo que dará máis dun susto aos rivais que se confíen ante eles. Mención especial a súa porteira María que hoxe evitou unha goleada sendo un dos mellores gardarredes da categoría alevín.

Sen dúbida, o máis bonita desto xornada o tivemos na maña do sábado onde o empate a 5 goles do Racing de Ferrol “C” en Ortigueira otorgou matemáticamente o subcampionato de liga aos numantinos a falta dunha xornada para o remate da competición. Nunha liga tan igualada como foi este ano, cun Meirás campeón sen discusión algunha, cun bo bloque e con 3 xogadores dun nivel inmellorable. Un Racing de Ferrol “C” terceiro clasificado que conta coa totalidade de xogadores de 2º ano, aportando moito físico acompañado dun trato excepcional do balón. Un grupo de 3 equipos moi fortes, Ortigueira, San Sadurniño e Galicia de Caranza, equipos que estiveron toda a liga na parte alta da táboa, Ortigueira e San Sadurniño equipos rocosos e un Galicia de Caranza con rapaces moi novos onde daba gusto velos xogar ao futbol.
 Outro grupo de 3 equipos onde se atopan o Amistade de Meiras, Racing San Pedro e As Pontes, rivais que roubaron moitos puntos aos equipos de arriba e que foron uns máis que dignos competidores nesta liga, progresando con moita ilusión.
 Finalmente outro grupo de 3 equipos, Racing “E”, Perlío e Canido que con xogadores de primeiro ano, fixeron un papel digno e desfrutaron dunha bonita experiencia nesta competición.
 Polo tanto, só queda felicitar á familia do Numancia alevín por este anecdótico pero bonito subcampionato de Liga. É un pequeno premio ao traballo, ao bo xogo, á asistencia aos adestramentos, á regularidade… Un pequeno premio que non debe servirnos para relaxarnos, senón que debe ser un estímulo para seguir na mesma línea, seguir mellorando e loitando a tope para que esta non sexa a última ledicia nin o último premio para o equipo alevín do Numancia. ¡¡¡FELICIDADES RAPACES¡¡¡

Agora queda a última xornada de Liga, o sabado ás 11 da mañá en Prados Vellos desfrutaremos dun bonito partido que medirá o 2º clasificado, o Numancia, ante o campión de Liga, o Meirás. Un partido para desfrutar, sen ningun tipo de tensión competitiva, unha boa pedra de toque para seguir mellorando de cara á competición de Copa que pronto nos agarda. Polo tanto, estades todos invitados á festa do fútbol alevín o vindeiro sábado ás 11 da mañá en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes, haberá sorpresas¡¡¡ Vémonos TODOS en Prados Vellos ó vindeiro sábado ás 11 da mañá.

¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.