ALEVÍNS. CANIDO, 1 - NUMANCIA, 9

SDR NUMANCIA. ALEVÍNS. CANIDO, 1 - NUMANCIA, 9. DECEMBRO 2009BROCHE DE OURO AO 2009
Comezo da segunda volta e o Numancia vence ao frío e ao Canido na Gándara.

Ares, 18 de decembro de 2009
SDR CANIDO: Brais, Martín, Manu, Carlos, Adrián, Santi, Pablo, Diego, Miguel, Julio, Jose e Marco.
SDR NUMANCIA: Adrián, Fran M., Piñeiro, Carlos (capitán), Fran F., Emilio, Luís. Fernando, Nico, Pablo, Sergio e Miguel.
ÁRBITRO: D. Víctor García Villaverde (Delegación de Ferrol)

Goles: Carlos (4), Luís, Miguel, Sergio, Emilio e Fran M


COMENTARIO: Preséntabase unha tarde de venres tan seca como fría nas instalacións da Gándara. Cafés, abrigos e ata mantas para o banquillo. A parroquia aresá estaba preparada para comezar o partido.
Comezou o encontro cun Numancia que saiu a por todas, e xa no minuto 5 Luís abría a conta goleadora dos nosos. Bo xogo do Numancia, con moitas accións combinativas e xogadas de estrategia a balón parado. Froito desa clara superioridade aresá o resultado ao descanso reflectía un 0-4 favorable aos aresáns.
 Na segunda metade, momento para facer probas e darlle máis protagonismo aos peques do equipo. Vivíronse os minutos máis equilibrados do partido, chegando o Canido a conseguir o gol da honra. No último tramo do partido, reaccionaría o Numancia marcando 4 goles máis. Perdón, foron 5, pero o último foi especial. Un xogador do Numancia é derrubado dentro da área sinalando o colexiado penalti. Colle o balon o pequeno Fran Martínez, dispara e GOOOOOOOOOOOOOOOOOL¡¡¡¡ primeiro gol de Fran Martínez na súa traxectoria deportiva. ¡¡¡É o que ten ser defensa¡¡¡ Ese foi o 1-9 definitivo.
 En resumo, partido sen moita historia, que serviu para que o Numancia seguira na súa líña de xogo e para que os xogadores que estiveron enfermos nas últimas semanas recuperasen as sensacións do xogo e tamén para que algúns xogadores mais peques se dean de conta de que son tan importantes no equipo como calquera outro.
 Felicitar o Canido pola súa deportividade e polos seus progresos dende o principio de tempada.
 Pola nosa parte, chega o parón ligueiro do Nadal. Chegamos ao primeiro terzo da tempada. Pensemos todos se o equipo progresou dende setembro ata aquí ou non. O que escribe pensa que bastante, pero queda a xuízo de cada un. Pensade tamén se os xogadores evolucionaron neste 2009, dende xaneiro ata decembro. Se non foi así, algo se estaría facendo mal. Por sorte, creo que todos os nenos progresaron moito neste 2009, tanto a nivel deportivo como persoal, este último o máis importante. Como sábedes por riba dos resultados e dos goles, a formación dos nenos é o obxectivo do Numancia.
 Martes último adestramento do 2009, e despois merenda, ¡¡¡ben merecida a temos¡¡¡.
Despediremos o ano en Mugardos, no “Torneo de fútbol 5 de Mugardos” do 28 ata o 31 de decembro. Unha bonita experienca onde esperamos facer un digno papel.
 Polo tanto, soamente me queda en nome do equipo alevín do Numancia, darvos as grazas polo voso apoio neste 2009 e dicirvos que:

 

A familia do equipo alevín do Numancia de Ares deséxavos a todos unhas felices festas e un próspero 2010

¡¡¡¡VÉMONOS EN 2010¡¡¡
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.