ALEVÍNS. NUMANCIA, 2 - CARANZA B, 5

SDR NUMANCIA. ALEVINS. NUMANCIA, 2 - CARANZA B, 5. DECEMBRO 2009CASTIGOUNOS A SORTE

Partido da sétima xornada ligueira  disputado na mañá do martes, xa que fora aprazado no seu día polo temporal de choiva e vento.

Prados Vellos, 8 de decembro de 2009

 

NUMANCIA: Adrián, Óscar, David, Piñeiro, Carlos (capitán), Antón, Sergio. Fernando, Luís, Fran M., Pablo e Antía.
G. CARANZA “B”: Fran, Alex, Edgar, Iván, Dani, Rubén, Adam, Raúl, Jose, Pablo, Cristian e Martín
Goles: Carlos (2)
Árbitro: D. Roberto Landrove Sande (Delegación de Ferrol) Expulsou ao adestrador do Galicia de Caranza “B” D. Emilio Casás Freire.


Comentario:

Nesta mañá festiva de martes os nenos do Numancia saíron ao campo con moitas ganas de volver á senda das vitorias. Pero ás veces a ansiedade e o ímpetu xogan malas pasadas e dous novos despistes defensivos adiantaban ao Caranza nos 10 primeiros minutos. Pero o orgullo aresán é superior a iso e os nenos seguiron co seu xogo e encerraron ao equipo visitante no seu campo nos últimos 15 minutos antes do descanso. Quince minutos de bo xogo e moito ritmo, a pesares das interrupcións por factores externos ao xogo. Mágoa que neses bos minutos ofensivos soamente se conseguira un gol. Mellor dito, conseguíronse dous goles, pero un deles foi na portería equivocada, producíndose a xogada tonta da tempada. Polo tanto, ao descanso o resultado era de 1-3 favorable aos ferroláns.
 Na segunda metade, o Numancia fíxose co dominio do partido. Seguían as accións ofensivas dos aresáns, pero sen atopar moito premio. Soamente un gol. Co 2-4 a falta de 15 minutos o partido fíxose moi bronco. Toque, desmarques e entradas por bandas dos aresáns; defensa, xogo duro e contraataques dos ferroláns. Tan duro se fixo o partido que chegou o segundo expulsado da mañá, xa que o colexiado invitou a un xogador do Caranza a tomarse un respiro no banco debido á dureza coa que se estaba empregando. Nesas trece continuou un encontro con máis ocasións do Numancia, algunhas delas a balón parado, pero non puido ser. No último minuto un novo gol do Caranza poñía o 2-5 definitivo no marcador.
 En resumo, outro bo partido do Numancia en canto a entrega e xogo. Non se lle pode pedir moito mais aos nenos. A sorte hai que buscala e nos facémolo, ás veces acompaña e outras castíganos, como nesta última semana.
 Polo tanto hai que ter a cabeza alta e estar moi orgullosos deste grupo de rapaces, que progresan adecuadamente, a pesares destes dous últimos resultados. Este xoves adestramento, onde esperamos contar xa con toda a xente que causou baixa nos dous últimos encontros. Sábado, derradeiro partido da primeira volta ante o Racing San Pedro.
 Vémonos TODOS o sábado ás 12 do mediodía en Prados Vellos.

¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.