ALEVÍNS. NUMANCIA, 4 - ORTIGUEIRA, 2

SDR NUMANCIA. ALEVÍNS. NUMANCIA, 4 - ORTIGUEIRA,2 NOVEMBRO 2009SE QUEREMOS, ¡¡¡PODEMOS¡¡¡

Novena xornada da liga alevín na que o Numancia conseguiu unha vitoria moi traballada ante o Ortigueira.

Prados Vellos. 28/11/2009

NUMANCIA: Nando, Fran M., Piñeiro, Antía, Fran F. (capitán), Carlos, Luís. Antón, Emilio, Óscar, Nico e Pablo.

ORTIGUEIRA CF: Jose, Pablo, Iván, Borja, Andrés, Tomás, Luís, Adrián, Unai, Samuel, Ivans e Andrés.

Goles: Emilio (2), Antón e Carlos.

Árbitro: D. Rubén Bugliot Fernández. (Delegación de Ferrol)

Falabamos a pasada semana do esforzo, o traballo e a loita no fútbol. Eses tres aspectos nos que o As Pontes nos gañara no partido anterior. Pois ben, hoxe o Numancia foi senón superior, cando menos igual có Ortigueira neses aspectos tan importantes do fútbol. Cando existe esa igualdade de forzas e entrega, o partido decántase para un ou otro equipo polo estilo de xogo e a calidade individual dos futbolistas. Podemos dicir, abertamente, que hoxe o fútbol de toque e o bo trato do balón impúxose aos balóns longos buscando os desmarques dos dianteiros, como fixo o Ortigueira.
 Comezou o partido cun Numancia ben situado no terreo de xogo, intentando mover o balón a pesares de ter o vento en contra que dificultaba o xogo. Nunha primeira parte do mellor da tempada, con precisión nos pases e mobilidade dos xogadores sen balón, conseguiuse chegar ao descanso con 1-0 grazas tamén ao acerto do noso porteiro Nando nun par de 1 contra 1 nos que adiviñou moi ben as intenciós dos xogadores ortegáns.
 Na segunda parte, o Ortigueira marcou dous goles moi parecidos (non diremos como, para non das pistas os vindeiros rivais sobre os nosos puntos débiles). Co 1 - 2 no marcador e 15 minutos por diante, o Numancia seguiu aínda con mais empuxe se cabe, e sen abandoar en ningún momento o seu fútbol de posesión foi capaz de marcar 2 bonitos goles que lle deron a volta ao partido. Quedaban 3 minutos e o Numancia tiña que conservar a súa vantaxe. Nos últimos instantes Fran F. co seu guante lanza unha falta ao segundo pao no que aparece un avispado e goledor no día de hoxe Emilio para poñer o 4-2 definitivo e levar a ledicia aos xogadores, adestradores e a parroquia do Numancia.

En definitiva, un gran partido de alevíns o que poidemos desfrutar hoxe en Prados Vellos, con dous estilos de xogo totalmente opostos pero os dous totalmente válidos. Con dous bos equipos que darán moita guerra esta tempada. Bo partido ante un Ortigueira que viña de empatarlle ao Meirás, que ata a semana pasada non perdera ningún punto nesta liga.

Felicitar ao Ortigueira polo seu empate co Meirás e polo bo partido que fixo hoxe, con moita entrega e deportividade.

Resumindo, gran partido do Numancia, con bo xogo, moita mobilidade, moitas gañas e o máis importante, con moito corazón… pero sen perder a cabeza.

A semana que vén temos un partido agardado por todos. Visitamos A Malata onde o Meirás xoga os seus partidos como locatario. Partido entre os dous primeiros clasificados, ante un Meirás cun par de xogadores que marcan as diferencias nesta categoría. Esperemos que o fútbol do Numancia se impoña e as ganas e o espíritu dos aresáns contrarreste as individualidades do Meirás. Polo tanto, pais, nais, avós, irmáns, tíos, primos e demais familia vémonos TODOS o vindeiro fin de semana na Malata no partido co Meirás. ¡¡¡Todos somos necesarios neste partido¡¡¡ ¡¡¡¡ Non faltedes¡¡¡


¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

Información e imaxes do encontro na web do  F.C. Ortiguiera

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.