ADESTRADOR DO SAN SADURNIÑO

SDR NUMANCIA. COMENTARIO SAN SADURNIÑO. NOVEMBRO 2009Este luns, 2 de novembro recibimos un correo de José Manuel, adestrador dos alevíns do San Sadurniño, que é merecente de ser publicado nesta web, pola súa deportividade e xenerosidade:

"Ola compañeiros,
Quero simplemente enviarlles un palabras de ánimo aos alevins de Numancia porque é un gran equipo e simplemente decirlles que perder tamén é importante porque o Sansa non xogaría con tantas gañas se non fose que viñan de perder 11 - 1 contra o Meiras.Agradecer  o comentario que se fixo do equipo do Sansa na páxina web do Numancia e finalizo con isto: Coa filosofia que se aprecia no Numancia de Ares só se pode triunfar, ainda me lembro o ano pasado cando os prebenxamins do Sansa no mes de decembro xogaron en Ares e facía un frio de can, o Numancia trouxo chocolate quente para os meus nenos, de novo, agradecer ao Numancia o seu trato e non cambiedes."
Un saúdo.
José Manuel Varela (adestrador do Sansa

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.