Alevíns. E.F.R. Ferrol 'C', 2 - Numancia, 4
Vitoria importante e moi traballada.
A Malata, 23/10/09
NUMANCIA: Nando, Óscar, Piñeiro, Emilio, Fran F., Carlos, Sergio, Antón, Nico, Pablo, Luís e Antía.
Goles: Carlos (2), Fran F. y Antón.
Árbitro: D. Juan Carlos García García. (Delegación de Ferrol).
Cuarto partido da liga alevín disputado nunha tarde de venres onde a choiva deu tregua e permitiu os numerosos afeccioados presentes na Malata desfrutar dun excelente partido de alevíns, moi disputado, pero donde reinou a deportividade no campo e fora de él.
Comezou o partido mal para o Numancia, os 5 minutos un penalti tan claro como innecesario e transformado polo Racing e 5 minutos mais tarde un despiste defensivo dos nosos supón outro gol en contra, poñéndose ó Racing cun 2-0 ós 10 minutos do partido.
Parece que os nosos saíron con moitas ganas pero algo intimidados polo Racing pero tras mover o banquillo e despertar o Numancia fixo uns últimos 15 mintutos da primeira metade impresionantes, con garra e moito traballo conseguiron o 2-1 nunha falta lanzada por Fran F. O equipo seguiu presionando arriba o Racing e froito desa presión chegou un dos goles de Carlos. Nos últimos 5 minutos da primeira metade cando parecía que nos iríamos con empate ó descanso, Antón lanzou un mísil dende fora da aréa que se colou na portería do gardarredes do Racing.
Na segunda metade, e con vantaxe no marcador, o Numancia saíu moito mais asentado e concentrado, defendendo forte e con orde e facendo da posesión do balón a mellor defensa. Froito dese dominio e control por parte do noso equipo chegaron mais ocasións que non soubemos aproveitar para sentenciar o partido.
Nos últimos 10 minutos, o Racing lanzouse descaradamente a polo empate, cousa que aproeitaron os nosos para sair a contra mentras seguían defendéndose moi ben. Nunha desas contras, un rápido Carlos puxo a sentenza 2-4 no marcador a falta de 5 mintutos. Ahí prácticamente rematou o partido, aínda que os nosos tiñeron algunha ocasión mais para ampliar a diferencia.
En definitiva, felicitar os 17 xogadores que forman o plantel, e os 12 “xabatos” que onte na Malata demostraron que se pode xogar ben e gañar, e que se pode saír dende o banquillo e aportar moitas cousas, xa que todos son importantes. Seguimos na línea de bo xogo, aínda que onte tivemos un moi bo rival como o Racing “C” que quedará nas primeiras posicións. Nos se seguimos xogando ben, e traballamos como fixemos onte penso que estamos en condición de dar alegrías a afección. Afección aresana que onte foi moi numerosa na Malata e a que hay que agradecerlle o seu apoio incondicional pese o mal comezo de partido.
O sábado que ven partido pola mañá contra o San Sadurniño en Ares e pola noite cea de convivencia, esperemos poder celebrar unha nova victoria. Vémonos TODOS ó sábado en Prados Vellos.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡