Alevíns. Victoria local do Numancia (A)

 

A S. D. R. NUMANCIA (A) comezou a 2ª volta con victoria en partido correspondente á 12ª xornada do grupo 1º do a 1ª autonómica alevín. A visita a Prados Vellos do C. D. AS PONTES (B) finalizou cun claro 8 a 2 a favor dos locais.

 

Polo equipo de Ares xogaron inicialmente: Kike, Verónica, Martín, Alberto(1), Carlos(1), Iván(2) e Fran(1), para ir entrando no transcurso do encontro Miguel, Marcelo(3), Roberto e Brais.

 

A pesar do dominio aresán, custou un pouco abrir a lata dos goles, tíñanse oportunidades claras que non entraban e o 1-0 fíxose esperar ata que Alberto sacou unha falta ao bordo do area marcou o primeiro. O 2-0 anotaríao Marcelo coa colaboración dun contrario. Carlos encargaríase en finalizar unha xogada persoal anotando o 3-0. Un erro defensivo local, permitiu aos visitantes realizar unha contra que finalizaron cun disparo afastado que sorprendeu a Roberto, establecéndose o 3-1. Chegaríase ao descanso con 4-1 grazas a unha internada por banda dereita de Marcelo que resolve en gol.

 

O segundo tempo foi similar ao primeiro, tíñase oportunidades claras e así Fran consigue poñer o 5-1. Un contraataque dos ponteses foi cortado dentro do area por Martín provocando un penalti. A pena máxima non puido ser atallada por Kike e así malia a súa estirada subiu o 5-2 ao marcador. o 6-2 e 7-2 tiveron o mesmo protagonista, Iván desde a banda esquerda logro conectar dous disparos que entraron no marco visitante. O 8-2 definitivo foi obra de Marcelo, en posición algo dubidosa, que só tivo que empuxar un balón posto por Carlos despois dunha moi boa internada por banda esquerda deste último.

 

Bo partido en xeral, con moitas ocasións para os aresáns, en especial unha de Fran e outra de Alberto no primeiro tempo diante da portería e dous disparos afastados de Verónica con moita intención que se foron por moi pouco fora.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.