SELECCIÓN SUB-12 DE FERROL. XORNADA EN DUMBRÍA

2 – 2 CON LUGO E 3 – 1 COA COSTA DA MORTE.

David Vilasánchez participou coa selección Sub-12 de Ferrol nesta primeira xornada das seleccións comarcais, celebrada en Dumbría.

Ares, 7 de decembro de 2017. 

ADR Numancia de Ares. CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIONS COMARCAIS SUB12, PRIMEIRA FASE SELECCIONS COMARCAIS SUB-12. David Vilasanchez.Comezaba a xornada co partido fronte á selección comarcal de Lugo, e aínda que Ferrol chegou a ter unha vantaxe de dous goles, finalmente os lucenses conseguiron un empate a dous tantos bastante merecido. Pódese resumir en que os ferroláns aproveitaron ben as súas ocasións nun partido no que o control foi de Lugo.

Xa pola tarde, tocaba xogar cos anfitrións, a Costa da Morte, unha selección nova no panorama galego que se estrea nesta temporada. Aquí si foi un partido no que a selección foi algo superior e puido conseguir sumar os tres puntos co resultado final de 3 -1.

No que respecta á actuación do noso alevín David Vilasánchez, dicir que xogou na posición de central zurdo e, aínda non sendo a súa posición máis habitual, cumpriu perfectamente co seu labor. Galería de imaxes da actuación de David Vilasánchez coa Selección.

Por tanto, debemos salientar que a selección Sub-12 de Ferrol volveu de Dumbría cunha máis que digna participación e a bagaxe dunha xornada de convivencia entre os nenos, técnicos e familias.

 

Á espera unha segunda xornada, os resultados e clasificacións quedan así:

 

RESULTADOS CATEGORÍA MASCULINA
 
PARTIDO                                            RESULTADO
SANTIAGO – A COSTA DA MORTE    8-0
OURENSE – A CORUÑA                        1-1
LUGO – FERROL                              2-2
VIGO – PONTEVEDRA                         2-1
OURENSE – SANTIAGO                         0-3
A COSTA DA MORTE – FERROL         1-3
A CORUÑA – VIGO                                 2-0
PONTEVEDRA - LUGO                         3-1



CLASIFICACIÓN CATEGORÍA MASCULINA
 
SELECCIÓN PX PG PE PP GF GC PTS
SANTIAGO 2 2 0 0 11 0 6
A CORUÑA 2 1 1 0 3 1 4
FERROL    2 1 1 0 5 3 4
PONTEVED. 2 1 0 1 4 3 3
VIGO         2 1 0 1 2 3 3
LUGO         2 0 1 1 3 5 1
OURENSE 2 0 1 1 1 4 1
A COSTA       2 0 0 2 1 11 0
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.