SELECCIÓN SUB-12 DE FERROL. XORNADA EN DUMBRÍA
2 – 2 CON LUGO E 3 – 1 COA COSTA DA MORTE.
David Vilasánchez participou coa selección Sub-12 de Ferrol nesta primeira xornada das seleccións comarcais, celebrada en Dumbría.
Ares, 7 de decembro de 2017.
Comezaba a xornada co partido fronte á selección comarcal de Lugo, e aínda que Ferrol chegou a ter unha vantaxe de dous goles, finalmente os lucenses conseguiron un empate a dous tantos bastante merecido. Pódese resumir en que os ferroláns aproveitaron ben as súas ocasións nun partido no que o control foi de Lugo.
Xa pola tarde, tocaba xogar cos anfitrións, a Costa da Morte, unha selección nova no panorama galego que se estrea nesta temporada. Aquí si foi un partido no que a selección foi algo superior e puido conseguir sumar os tres puntos co resultado final de 3 -1.
No que respecta á actuación do noso alevín David Vilasánchez, dicir que xogou na posición de central zurdo e, aínda non sendo a súa posición máis habitual, cumpriu perfectamente co seu labor. Galería de imaxes da actuación de David Vilasánchez coa Selección.
Por tanto, debemos salientar que a selección Sub-12 de Ferrol volveu de Dumbría cunha máis que digna participación e a bagaxe dunha xornada de convivencia entre os nenos, técnicos e familias.
Á espera unha segunda xornada, os resultados e clasificacións quedan así: