ALEVINS: G. MUGARDOS, 1 – NUMANCIA, 5.
OS ALEVINS ESTREAN A TEMPORADA CON VITORIA.
Partido correspondente a 1ª xornada de liga (1ª fase) alevín no grupo B disputado na maña do pasado sábado no campo de A Pedreira entre o G. de Mugardos e o Numancia con resultado final de 1 – 5. Ao descanso o resultado era de 1 – 2.
Mugardos, 19 de setembro de 2015.
FICHA TECNICA:
G. MUGARDOS: Xabier, Luís, David Parada, David Paz (C), Alejandro, Yago, Andre e Brais. Tamén xogaron Alexandre, Iván, Pablo e Gabriel.
Adestrador: José Antonio Bouza García.
2º adestrador: Roberto Jesús Pérez Tojeiro.
Delegado: Alexandre Pérez Fernández.
NUMANCIA: Miguel Iglesias, Diego, Iván, Marcos Rey, Marcos Margharetto (C), Aarón, Miguel Leira e Lucas. Tamén xogaron Raúl, Jaime, Chechu e Manu.
Adestrador: Cesar Viñas Piñeiro.
Delegado: Xoan Manuel Vázquez Vázquez.
ARBITRO: Pablo Carballal Mora. Sen incidencias.
GOLES:
G. de Mugardos: Iván.
Numancia: Marcos Margharetto (3), Iván e Lucas.
COMENTARIO:
Os alevíns do Numancia visitaban ao Galicia de Mugardos na primeira xornada de liga, e lograban unha merecida pero traballada vitoria para comenzar a liga.
Comenzou o partido e o Numancia saiu moi concentrado e intentando xogar a pelota, mais o empate mantívose no marcador ata que Marcos rompeuno hacia a metade da primeira parte do choque. Logo repetiría para poñer un 0 - 2 no marcador, pero despois do 2º tanto o Numancia relaxouse e permitiu que o Mugardos, nunha boa e rápida contra, recortase distancias por medio de Iván para ir ao descanso cun 1 - 2 no marcador.
O descanso sentoulle ben ao Numancia para recuperar forzas e sair máis atento na segunda parte, na que buscou xogar o balón, e os goles foron chegando a través de Marcos, que firmou un hat-trick, Iván e Lucas, para levar o marcador final a 1 - 5 que reflexa que o Numancia aproveitou as súas ocasións e grazas a o seu traballo defensivo e as paradas de Miguel, lograr un bo resultado para comezar a liga.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.
Grazas a Domingo García por compartir as fotos do partido connosco.