ALEVINS. NUMANCIA, 1 – G. CARANZA “D”, 2.

ENCONTRO IGUALADO, PERO CON MAIOR EFICACIA VISITANTE.

Derrota dos alevíns do Numancia por dous goles a un fronte o Caranza “D” en partido xogado no serán do venres en Prados Vellos. O encontro correspondente a 16ª xornada da 2ª fase da liga alevín no grupo 2 chegou ó descanso con empate a cero.

 


Ares, 17 de abril de 2015

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA: Miguel, Chechu, Pablo, Martín Rodríguez, Migui, Jaime, Martina (C) e Oscar. Tamén xogaron Raúl, Diego, Martín Miguel, David, Telmo e Manu.

Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.

Delegado: Juan Carlos Gómez Rivera.

G. CARANZA “D”: Aarón Castro, Lucas, Anxo (C), Adrián, Brais Romalde, Aarón Romalde, Pablo Fernández e Joel. Tamén xogaron Mario, Brais Sieiras, Pablo Rodríguez e Antonio.

Delegado: Brais Marínez Villalobos.

ARBITRO: Roberto Domínguez Janeiro. Sen incidencias.

GOLES:

0 - 1: Brais Romalde (min. 33), lanzamento de falta de Adrián que Miguel non é capaz de atallar, do rexeitamento aprovéitase Brais para marcar.

1 - 1: Migui (min. 38), balón ás costas da defensa visitante que recolle Oscar, intérnase ata alcanzar o lateral dereito da área para poñer un pase medido á banda contraria para Migui que remata sen oposición.

1 - 2: Brais Romalde (min. 40), despexe dende a área visitante que Manu toca de cabeza cara a atrás no círculo central, o balón recólleo Brais para alcanzar a área e bater por abaixo a Miguel.

O encontro estivo moi igualado en todo momento con escasas ocasións para os dous equipos. Puideron adiantarse os locais aos 5 minutos cun forte tiro de Migui dende fóra da área que repelía o pau. Responderían os visitantes cun gran disparo de Mario ante o que se tería que empregar a fondo Miguel e o balón marchaba por enriba do longueiro. Pouco máis que contar dunha primeira metade á que se chegaría con 0 - 0 no marcador.

Na segunda parte os dous equipos decidiron ir a polo partido e así conseguían adiantarse os ferrolanos ao aproveitar un lanzamento de falta para poñer o 0 - 1. Os de Ares non se caeron e empezaron a dominar o choque conseguindo o empate tras unha xogada individual de Oscar por banda esquerda, con preciso centro que remacha Migui no segundo pau.

O encontro continuaba igualado ata que a escasos minutos do final os visitantes lograban nunha xogada illada o 1 - 2. Intentarían os de Ares a épica da igualada, pero o marcador xa non se movería.

O próximo fin de semana os alevíns do Numancia xogarán a domicilio fronte a SRD Ánimas na Gándara.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.