ALEVINS. EF ENSANCHE, 3 – NUMANCIA, 1.
CO VENTO COMO PROTAGONISTA.
Derrota a domicilio do equipo alevín do Numancia por tres goles a un fronte a EF Ensanche en partido xogado na tarde do pasado venres en A Gándara. O encontro correspondente a 13ª xornada da 2ª fase da liga alevín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de 1 - 0.
Ferrol, 20 de marzo de 2015.
FICHA TÉCNICA
EF ENSANCHE: Hugo Lorenzo, Samuel, Javier, Da Silva, Miguel, Hugo Hermosilla, Diego e Andrés (C). Tamén xogaron Víctor, YerAy e David.
Delegado: José Víctor Corral Rubín.
NUMANCIA: Nacho, Chechu, Pablo, Martín Rodríguez, Migui (C), Jaime, Lucas e Oscar. Tamén xogaron, Raúl, Martín Miguel, David, Sergio, Telmo e Martina.
Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.
Delegado: Juan Carlos Gómez Rivera.
ARBITRO: Álvaro Pita Fernández. Sen incidencias.
GOLES:
EF Ensanche: Da Silva (2) e Yeray.
Numancia: Oscar.
Partido disputado na tarde de venres no campo da Gándara cunha climatoloxía adversa, con fortes ventos, facendo prácticamente imposible o desprazamento do balón.
O partido comezaba moi igualado con oportunidades para os dous equipos, ata que no minuto 14 e despois dunha contra ben executada polos ferrolanos Da Silva subía o 1 - 0 ao marcador, co que se chegaría ao descanso.
A segunda parte comezaba con máis dominio local, froito sobre todo dese vento a favor, que non permitía ao Numancia pasar do medio do campo, salvo algunha contra. Nunha delas chegaría o gol visitante obra de Oscar de vaselina dende fóra da área no minuto 35 da segunda parte. Pouco duraría a alegría dos de Ares posto que apenas transcorrido un minuto, Da Silva volvía poñer por diante o seu equipo despois dun córner rematando de cabeza no segundo pau.
Os minutos finais foron de ida e volta con ocasións para os dous equipos ata que no último minuto chegaba a sentenza de Yeray cun libre directo quen poñía o definitivo 3 – 1.
O próximo fin de semana os alevíns do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita do Rápido de Neda “B”.
Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.
No seguinte enlace podes ler una extensa crónica e ver algunas fotos do partido publicada na web MUCHA CALIDAD.