ALEVINS. NUMANCIA, 2 – G. CARANZA “C”, 3.

REACCIÓN TARDÍA A UNHA BOA SEGUNDA METADE.

Derrota do equipo alevín da ADR Numancia de Ares por dous goles a tres fronte o G. de Caranza “C” en partido xogado na tarde do pasado venres en Prados Vellos. O encontro correspondente a 12ª xornada da 2ª fase da liga alevin no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de 0 - 1.

 



Ares, 13 de marzo de 2015

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA: Nacho, Chechu, Diego, Pablo, Migui, Jaime (C), Lucas e Oscar. Tamén xogaron Miguel, David, Sergio, Martín, Martina e Manu.

Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.

Delegado: Juan Carlos Gómez Rivera.

G. CARANZA “C”: Roberto, Martín, Abraham, Raúl (C), Bruno, Hugo, Miguel e Aaroa. Tamén xogaron David, Joel, Adán, Edgar e Joaquín.

Delegado: Roberto Pérez Tojeiro.

ARBITRO: Daniel Pérez Ferro. Sen incidencias.

GOLES:

Numancia: Migui e pablo.

G. Caranza “C”: Adán, Edgar e Martín.

Recibían os de Ares na tarde do pasado venres ao segundo clasificado de grupo, o Galicía de Caranza "C".
Numancia de Ares. Alevíns.
O partido comezaba co dominio do conxunto ferrolano, mantendo aos numantinos encerrados no seu campo durante o primeiro cuarto de hora. Froito dese dominio chegaría o gol visitante a escasos minutos do final do primeiro tempo. Gol materializado por Adán. Co resultado de 0 – 1 chegábase ao descanso.

A segunda parte foi totalmente diferente. O equipo local saíu premendo e xerando ocasións de perigo, aínda que os ferrolanos prácticamente sentenciaban o partido con dúas contras, subindo o 0 - 3 ao marcador nos primeiros dez minutos da reanudación. Goles marcados por Martín i Edgar. A partir dese momento os de Ares lanzáronse ao ataque logrando dous goles nos últimos minutos. Migui e Pablo Cartelle serían os seus autores. Chegouse ao final do partido co Caranza embotellada na súa área, pero o reloxo non daría para máis. Finalmente 2 – 3, e os tres puntos marcharon para Ferrol.

O próximo fin de semana o equipo alevín do Numancia disputará a 13ª xornada de competición fronte a EF Ensanche nas instalacións de A Gándara.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.