ALEVÍNS. NUMANCIA, 3 - O VAL B, 1

BO PARTIDO DOS ALEVÍNS NUMANTINOS

Martina e Miguel conseguiron os goles na primeira parte, e Raúl pechou o marcador aresán.


 
Ares, 1 de marzo de 2015.

Partido correspondente á primeira xornada da segunda volta do campionato de liga no que os aresáns intentaban deixar atrás os malos resultados das últimas xornadas. O partido celebrouse na mañá do sábado en Prados Vellos.
 
FICHA TÉCNICA

NUMANCIA: Nacho, Lucas, Pablo, Jaime, Martín, Migui (C), Martina e Oscar. Tamén xogaron Miguel, Chechu, Sergio, Raúl e David.

Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.

Delegado: Juan C. Gómez Rivera.

O VAL “B”: Borja, Daniel (C), Jonathan, Yago, Iago, Noel, Ángel Roca e Ángel Ferreiro. Tamén xogou David.

Delegado: Rubén Fraguela López.

ARBITRO: Roberto Díaz Cruz. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: Martina (min. 15), balón en profundidade a Martina quen pelexa o balón na área, recorta o porteiro e marca.

2 - 0: Migui (min. 18), xogada individual de Migui, disparo que rexeita a defensa, volve recoller Migui o balón e na súa segunda oportunidade marca dende fóra da área.

3 - 0: Raúl (min. 35), disparo en parábola de Raúl dende o vértice da área que se coa por toda a escuadra.

3 - 1: Noel (min. 48) perdida de balón dos de Ares en medio campo que propicia un rápido contragolpe de Noel para marcar de disparo raso.

 
COMENTARIO:
Instante partido de alevíns Numancia - O Val "B".
O choque comezou moi igualado nos primeiros minutos de partido, sen un claro dominador da pelota ata que mediada a primeira parte subiu o 1 - 0 ao marcador, obra de Martina. A partir dese momento os locais comezaron a dominar o partido con numerosas ocasións de perigo, chegando nunha delas o 2 - 0; Migui de forte disparo raso que o porteiro non consegue blocar. Con este resultado chegaríase ao descanso.

Tras a reanudación o equipo visitante crearía máis perigo intentando reaccionar, ata que nunha contra Raúl dende fóra da área consegue alcanzar o balón a bote pronto, coándose pola escuadra do porteiro visitante. Co 3 – 0. O Val foise con todo para arriba logrando o seu único gol a escasos minutos do final do partido.

Melloría do equipo de Ares nun partido importante no que os dous equipos intentaban escapar da parte baixa da táboa.

O próximo fin de semana o equipo alevín do Numancia desprazarase ata terras de Ortegal para disputar a 11ª xornada de competición fronte o Cariño.

 
 
 
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.