ALEVINS. O VAL “B”, 1 – NUMANCIA, 1.
NON PUIDO SER
Partido correspondente a última xornada da Fase Previa alevín grupo 2 disputado na tarde do venres no campo de Sinde e que rematou con empate. Ao descanso o resultado era de 1 – 0.
O Val 14 de novembro de 2014
FICHA TÉCNICA:
O VAL “B”: Borja, Daniel (C), Julen, Gabriel, Iago Marín, Noel, Ángel Miguel e Iago Freire. Tamén xogaron Agustín, Jonathan, Yago e David e Ángel.
Adestrador: Rubén Fraguela López.
Delegado: Carlota Rodríguez Tenreiro.
NUMANCIA: Nacho, Chechu, Martín Miguel, Pablo, Sergio, Migui (C), Jaime e Oscar. Tamén xogaron Miguel Martínez, Raúl, Martín, Lucas e Telmo.
Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.
Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.
COLEXIADO: D. Christian Pérez Tejerina. Sen incidencias.
GOLES:
O Val “B”: Ángel Miguel.
Numancia: Lucas.
Chegaba a última xornada da fase previa alevín e os de Ares contaban con opcións de meterse no grupo 1º para disputar a 2º fase da competición ligueira. Pero os rapaces non tiveron un bo día e foron incapaces de dobregar a O Val “B” no seu feudo. O empate obtido polos aresanos non foi suficiente para alcanzar o obxectivo.
Con este empate o Numancia alevín remata a fase previa da liga na cuarta posición da tabla clasificatoria.
A segunda fase da liga alevín comeza o 7 de decembro, nos próximos días a Delegación ferrolá da Federación Galega de Fútbol facilitará o calendario, o cal una vez dispoñamos del publicarémolo na web.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.