ALEVINS. TORNEO DE CONVIVENCIA CONCELLO DE MUGARDOS
MOI PRETO DE LEVANTAR Á COPA
O pasado fin de semana, o Numancia alevín participou na Xornada de Convivencia para os grupos 2º, 3º,e 4º da categoría; o que ven sendo a competición de Copa oficiosa organizada pola Delegación Ferrolana de Fútbol no Concello de Mugardos.
A Pedreira, 9 e 10 de maio de 2014.
O Numancia xogou todos os seus partidos no campo de herba natural de A Pedreira. Estos foron os encontros e os seus protagonistas:
Numancia: Rubén, Mateo, Raúl, Borja, Mario, Naím, Adrián, Migui, Pablo, David e Martín.
Adestrador: Alberto Durán Morais.
Delegado: Santiago Cartelle López.
FASE DE GRUPOS (un tempo de 20 minutos)
NUMANCIA 1 – C. MANIÑOS 1.
Partido no que o Numancia adiantaríase nos primeiros minutos e sería dominador do partido. Pero unha xogada a balón parado concedeu ó empate os de Maniños nos últimos minutos.
NUMANCIA 1 – R. NEDA "B" 0.
Partido con dominio do Numancia ante un correoso equipo nedense. Unha boa asistencia de Mario era culminada por Borja para darlle a vitoria aos numantinos.
NUMANCIA 1 – PERLÍO 1.
Aresáns e feneses disputábanse o pase a oitavos de final. Foi superior neste partido o Perlío que se adiantou no marcador e conseguía o 1 - 0 que eliminaba ao Numancia. Pero nos últimos minutos apareceu Adrián para conseguir o empate a uns que daba o pase o Numancia para a fase de eliminatorias.
OITAVOS DE FINAL (un tempo de 20 minutos).
NUMANCIA 6 – CEBARCA 0.
Partido moi cómodo para os numantinos que venceron ao equipo de Ortegal con moita claridade.
CUARTOS DE FINAL (un tempo de 20 minutos).
NUMANCIA 2 – PORTUARIOS "B" 1.
Emocionante partido no que o Numancia eliminaba ao campión do grupo 2 da Liga e plantábase nas semifinais do torneo.
SEMIFINAIS (dous tempos de 25 minutos).
NUMANCIA 2 – CEDEIRA "B" 4.
Nas semifinais do Torneo os partidos tiñan unha duración habitual O equipo cedeirés eliminou ao Numancia do Torneo aproveitando o seu maior físico e a sua maior frescura.
En definitiva, gran participación do Numancia alevín nesta competición de Copa. Un conxunto alevíns curto pero efectivo, serio e traballador durante toda a temporada, que tivo o seu premio con esta bonita participación copeira no campo de herba natural de A Pedreira. Para repoñer forzar, a familia do Numancia alevín disfrutou dunha cea o sábado na cantina do Numancia. ¡¡¡Noraboa¡¡¡
Felicitar tamén o Galicia de Mugardos pola magnífica organización durante a fin de semana e o Narón Balompé "B", campión da Copa derrotando na final o Cedeira "B".
Agora é momento de descansar e seguir adestrando agardando ao mes de xuño no que o Numancia alevín participará nos Torneos do Eume Deportivo e do CCRD Perlío. ¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡.
A continuación podedes disfrutar dunha bonita galería fotográfica desta fin de semana de convivencia en Mugardos.
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
Para ver os resultados e clasificacións do Torneo PICA AQUI.