ALEVÍNS. NUMANCIA, 4 - MIÑO "B", 0.

ARRANQUE DE TEMPORADA CON BO PÉ.

Partido correspondente á 1ª xornada do campionato de liga, na súa 1ª fase, celebrado na tarde do venres en Prados Vellos, entre os equipos do Numancia e o Miño "B", e que rematou con vitoria do Numancia. Ao descanso o resultado era de 3 - 0 a favor dos locais.


Ares, 20 de septembro de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Adrián (C), Mateo, Pablo Cartelle, Martín Migui, Mario, Naim, Borja, Raúl, Sergio Pena, Rubén, David e Samuel.

Adestrador: Alberto Durán.

2º adestrador: Santi Cartelle.

Delegado: Miguel Oliveira.

MIÑO “B”: Antón (C), Bruno, Pablo, Sergio Infante, Javier, Elías, Adrián, Sergio Regueiro, Alejandro, Núñez, Víctor e Adrián.

Adestrador: Javier Valiño.

Delegado: Antonio Porto.

ARBITRO: Miguel Ángel Pena Landeira.

GOLES: Borja (2), Mario e Migui.

O 1 - 0 chegou moi pronto, no minuto 4, tras unha xogada ensaiada nun córner botado dende a dereita por Migui e que é rematando por Borja de cabeza.

O 2 - 0 (min. 11), de novo á saída dun córner, nesta ocasión dende a esquerda, Migui céntrao á frontal da área dende donde Mario de disparo raso coloca o pau longo do porteiro.

O 3 - 0 (min. 20) Migui de volea coa súa perna esquerda dende fóra da área.

O 4 - 0 (min 28), novo córner que os xogadores do Miño non acertan a despexar, o balón despois dun rexeitamento chega a Borja e éste dende dentro da área pequena envía ao fondo da rede.

Partido no que os de Ares levaron o peso deste, a alta posesión do balón por parte dos locais lles permitiu ter o partido controlado en todo momento, e onde as xogadas a balón parado foron determinantes na vitoria final.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.