ALEVÍNS. CARIÑO, 2 - NUMANCIA, 1.
PINCHAZO INOPORTUNO
Partido correspondente a decimo sexta xornada de liga local alevín no seu grupo segundo, disputado no campo Municipal de Cariño entre os equipos do Cariño e do Numancia que rematou con vitoria local por 2 – 1. A o descanso o resultado era de 0 – 1.
Cariño 27 de abril de 2013.
ALIÑACIONS
CARIÑO: Diego, David, Pablo Naranjo, Pablo Galceran, Bruno, Martín, Raúl, Adrián (C), Marcos, Eva e Cristian.
Delegado: Vicente Calvo Rodríguez.
NUMANCIA: Adrián, Pablo García, Martín (C), Víctor, Saúl, Dani, Juan, Mario, Jaime e Pablo vascos
Delegado: Juan Iglesias Núñez.
COLEXIADO: Cristian Vidal Bouza.
GOLES: Raúl e Cristian para o Cariño, e Martín para o Numancia.
Derrota fronte ao Cariño, desaproveitando así os de Ares a oportunidade de colocarse primeiros de grupo despois do tamén pinchazo do Eume ante o Narón B. Dos tres de cabeza só a Galicia de Caranza puntuou fronte ao Ánimas, pasando deste xeito a comandar a clasificación. A falta de dous partidos, e todo por decidir, os de Ferrol con trinta e sete puntos lideran o grupo, seguidos de Eume e Numancia cun punto menos.
Próxima parada para os de Ares, luns 27, ás 18:45, fronte o R. San Pedro en Prados Vellos. Os numantinos necesitan imperiosamente a vitoria para continuar na brecha, e á espera dos resultados acadados polo Caranza e Eume.