ALEVÍNS. NUMANCIA, 7 - PERLIO, 0

OS ALEVINS, SUMA E SEGUE

Partido correspondente a decimoquinta xornada de liga local alevín no seu grupo segundo, disputado no campo de Prados Vellos entre os equipos do Numancia e Perlio e que rematou con vitoria local por 7 – 0. A o descanso o resultado era de 4 – 0.


Prados Vellos 19 de abril de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Pana, Mateo, Dani (C), Mario, Greta, Saúl, Víctor, Martín, Iván, Pablo García, Juan e Adrián.

Adestrador: Juan Iglesias Núñez.
Delegado: Álvaro Casás Rodríguez.

PERLIO: Diego Martínez, Pablo, Álvaro, Diego Felipe, Hugo, Sergio Fraga, Jaime, Julián (C), Luís, Sergio Hernández, Iván e Yago.

Delegado: Santiago Javier Aguilar Santos.

COLEXIADO: Diego Bouza Pena.

GOLES

1 - 0: min. 3, Pablo García de vaselina dende a frontal da área.

2 - 0: min. 10, balón bombeado que cae na área do Perlio, o bote sorprende aos defensas e ao porteiro que non acertan a despexar o esférico que da en Diego Felipe e se coa en propia meta.

3 - 0: min. 13, córner que bota Juan e remate de cabeza de Pablo García ao fondo da rede.

4 - 0: min. 17, Pablo García de disparo cruzado próximo ao vértice da área.

5 - 0: min. 33, centro de Saúl ao segundo pau para a entrada de Iván quen sen apenas ángulo de tiro a coa entre o pau e o porteiro.

6 - 0: min. 36, despexe da defensa visitante que chega a Víctor que remata aproveitando a caída do balón para coala de disparo axustado ao pau.

7 - 0: min. 48, xogada combinativa conducida por Juan e Saúl, con pase entre os defensas deste ultimo para o primeiro, quen encara ao porteiro e lla coa entre as pernas.

 

 



Partido no que o conxunto aresano saíu a polos tres puntos dende o asubío inicial. Os de Ares empurrando dende todas as frontes, encerraron no seu campo a un Perlio que trataba de saír xogando o balón dende atrás, pero a forte presión exercida en todo o campo polos locais apenas deixaba que os visitantes pasasen do medio do campo. Esta foi a tónica xeral ao longo dos cincuenta minutos de partido. Un Numancia serio atrás e letal en ataque, ante un Perlio que se defendía como podía, nun partido no que as mellores ocasións dos visitantes pasaron por xogadas a balón parado e disparos afastados ben resoltos por Pana e Adrián.

Coa vitoria do Numancia, e coas vitorias de Eume e Galicia de Caranza nos seus respetivos enfrontamentos, neste grupo as cousas continúan igual que a pasada semana, Eume primeiro, Numancia segundo cos mesmos puntos que o Eume, e o Galicia de Caranza dous puntos por debaixo de ambos os dous.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.