ALEVÍNS. NUMANCIA, 4 - NARON "B", 1.

BO TRABALLO

Os pupilos de Taino e Álvaro suman tres novos puntos ante un rival directo por os postos altos da táboa. O Narón malia os poucos efectivos cos que acudiu a cita en Prados Vellos vendeu cara a súa derrota diante do conxunto local.


Ares, 1 de febreiro de 2013

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Adrián, Mario, Dani (C), Pablo Vascos, Víctor, Pablo García, Juan. Martín, Pana, Fran, Mateo, Josema, Naim e Jaime.
Adestrador: Juan Iglesias
Delegado: Álvaro Casás

NARON “B”: Yoel, Brais León, Rubén Pereira, Javi Prieto, Aaron, Brais Sanjurjo (C), Martín, Dani, Nico e Rubén Anidos.
Adestrador: Oscar Rivas
Delegado: Santiago Fernández

COLEXIADO: Roberto Díaz Cruz

GOLES:

0 - 1: min. 8, balón bombeado ao pico dereito da área que a zaga local non acerta a despexar, Brais Sanjurjo con pillería logra facerse co esférico para encarar e bater a Adrián dun disparo a media altura.

1 - 1: min. 10, rápida xogada de contraataque por banda dereita que conduce Pablo García, á altura da área pon un pase cara ao interior por onde entra Juan para remachar ao fondo da rede.

2 - 1: min. 20, saque de banda próximo ao lateral esquerdo da área sobre Víctor quen dispara a porta superando o porteiro por arriba.

3 - 1: min. 32, pase en longo dende o círculo central de Pablo García ao pico da área sobre Juan quen encara e salva a saída do porteiro picándolla por arriba.

4 - 1: min. 47, xogada de combinación do conxunto local que parte de Pablo Vascos quen cede a Pablo García e éste pon un pase entre os defensas para que Víctor defina de disparo cruzado.

Primeira metade moi igualada con bo traballo defensivo por parte dos dous equipos polo que o xogo se desenvolveu maioritariamente no centro do campo. Poucas chegadas a porta e duas grandes e bonitas intervencións do porteiro visitante que mostrou boas maneiras. Ao descanso o resultado era de 2 - 1.

A segunda metade comezou cun Narón tomando a iniciativa nos compases iniciais, para a medida que foron pasando os minutos ser o Numancia o que pasase a coller o control do partido. As ocasións do conxunto visitante virían a balón parado, aproveitando o forte disparo de Dani e o vento a favor, pero un inspirado Pana, solventaría, non sen algunhas dificultades, pero con solvencia os fortes zapazos visitantes. O Numancia tocando con criterio o balón e buscando as costas do conxunto visitante logrou dous novos tantos para levarse o partido por 4 - 1.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.