ALEVINS: NUMANCIA, 1 - O VAL "C", 7.

Numancia de Ares ADR. Alevíns 2011-2012. Numancia 1 - O Val O VAL SENTENCIOU O ENCONTRO NA PRIMEIRA METADE.

Goleada de O Val “C” ante o conxunto alevín do Numancia no último partido do campionato de liga 2011 – 2012.


Ares 27 de abril de 2012.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Fran Romaus, Javi Lemos, Pablo Vascos, Pablo Cendón, Alejandro Saavedra, Iván, Fran Anido, Martín, Raúl e Alejandro Feal.

O VAL “C”: Alex, Martín, Cristián, Manuel, Bruno, Miguel, Iván, Raúl, Alex, Iñaki, e Del Río.

COLEXIADO: Alejandro Miño Pico.

GOLES:

Alejandro para o Numancia e Del Río (3), Raúl (2) Iván e Cristián para O Val “C”.

Na primeira metade superioridade manifesta de O Val sobre o Numancia. Os valexos cun bo toque de balón, un entendemento milimetrado entre as súas liñas e xogando con moito criterio e oficio, desbordaron a un conxunto local que non encontrou durante os primeiros vinte e cinco minutos o xeito de frear o bo xogo visitante. Esta superioridade viuse refrectida no marcador que ao descanso marcaba un parcial de 0 – 5.

Na segunda metade espertaron os de Ares do seu aletargamento, tiveron máis a posesión do balón e chegaron con moito máis perigo á porta visitante, pero non estiveron acertados entre os tres paus. O conxunto valexo neste segundo período non estivo tan cómodo como no primeiro. Cun marcador en clara vantaxe baixaron un pouco a garda o que permitiu ao conxunto aresán ter os seus minutos. Pero a falta de acerto, e o lastre dos cinco goles foi unha barreira infranqueable. Finalmente neste segundo período cada equipo anotaría un gol, o que nos levaría ao resultado final xa coñecido de Numancia 1 – O Val "C" 7.

Con este partido dáse por finalizado o vixente campionato de liga 2011 – 2012. A continuación xogarase o "I Torneo Delegación de Ferrol" que se celebrará nas instalacións do Galicia de Caranza ao longo dos días 12 e 13 de maio. Previamente o mércores 2 de maio, na Delegación de Fútbol de Ferrol, terá lugar o sorteo de grupos do que daremos cumprida información na nosa WEB.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.