Alevíns: Racing, 4 - Numancia A 0

Derrota ante o campeón do grupo como peche a un bo torneo.

 

Venres 13 de Febreiro de 2009.

Jose

A Malata.

 

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Alevín. A Malata. Racing - NumanciaAlineación inicial: Kike, Verónica, Ángel, Carlos, Miguel, Marcelo e Alberto. Tamén entrou en xogo Fran.

Rematou a liga neste grupo 1º da 1ª autonómica alevín cún partido entre o primeiro, Racing, e o segundo clasificado, Numancia, pero a imposibilidad dos de Ares por optar a primeira plaza restou intensidad ó encontro.  Tamén as baixas dos aresáns notaronse sobre todo nos tiros a porta dende lonxe, faceta na que o Racing foi superior e aproveitou con gran acerto.

O partido comenzou con un Numancia que se acercou á meta racinguista con certo perigro gracias a unha falta moi ben lanzada por Verónica que saca da escadra o meta ferrolán. Tamén foi a balón parado como se anotou o primeiro tanto, así nunha falta lanzada con forza dende o borde da área na que Kike a pesar de tocar o balón non puido retelo e o 1-0 subiu o marcador. Nun contra-ataque por banda dereita finalizado cun disparo ajustado escadra da meta de Kike supuxo o 2-0. O Racing non conseguía chegar con facilidade á meta do Numancia e voltou a recurrir a un lanzamento lonxán axustado o longueiro que Kike a pesar da sua estirada non chega a deter. Con 3-0 remata o primeiro tempo. No segundo tempo máis do mesmo, a única xogada de achegamento á meta do Racing foy nunha falta de Alberto. O Racing anotou o seu cuarto gol igual que o terceiro, disparo dende lonxe axustado o longueiro e insuficiente estirada de Kike. A pesar do resultado tampouco o Racing puxo en moitos apretos a Kike que resolveu o traballo ben e nada se lle pode reprochar nos goles posto que estaban fora do seu alcance.

En resumen, felicitar ó Racing por ser primeiro e felicitarnos todos pola boa labor do equipo do Numancia que estivo loitando ata o final por conseguir meterse na seguinte fase. 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.