ALEVINS: NUMANCIA, 5 - EFR FERROL "B", 4.

Numancia de Ares ADR. Alevíns 2011-2012. Numancia 5 - EFR Ferrol VITORIA SUFRIDA.

Vibrante partido de alevíns este pasado sábado en Prados Vellos entre o Numancia e o EFR Ferrol "B" e que mantivo en tensión a xogadores e afeccionados ata o último segundo.

Ares 25 de febreiro de 2012.

ALINIACIONS:

NUMANCIA: Fran, Javi, Dani, Jaime, Alex, Saúl e Alejandro. Ao longo do encontro tamén xogaron: Pablo, Víctor, Adrián, Diego, Martín e Nacho.

EFR FERROL “B”: Lucas, Bruno, Roberto, Jorge, Aaron, David e Serafín. Ao longo do encontro tamén xogaron: Pablo, Javier, Álvaro, Iván e Raúl.

COLEXIADO: José M. Santos Mato.

GOLES: Saúl (3), Víctor e Alejandro para o Numancia. Para o Racing anotarían Bruno, Roberto, (Numancia en propia porta) e Serafín.

 



Primeira metade na que o Numancia comezaba ben e dominando o partido, froito dese dominio poñeríanse por diante no marcador por medio de Saúl ao transformar un libre directo no minuto seis de xogo. A medida que ía correndo o reloxo, o xogo dos aresáns foi decaendo en intensidade, en detrimento dun Racing en alza que rematou facendose co partido. Empatarían os ferrolanos no minuto dez despois dun contraataque por banda esquerda con cambio de xogo á banda contraría onde Bruno libre de marca envía ao fondo da rede. Coa primeira metade prácticamente rematada o conxunto ferrolano adiantaríase no marcador, nesta ocasión sería Roberto ao transformar un libre directo. Cun marcador de Numancia 1 - EFR Ferrol "B" 2, marcharíamos ao descanso.

Na segunda metade sairía o Numancia a polo partido e nos primeiros dez minutos darían a volta ao resultado. Primeiro sería Víctor aos dous minutos da reanudación o que empataría a contenda ao aproveitar un balón rexeitado polo longueiro despois dun lanzamento de libre directo de Saúl. Este último xogador dous minutos despois rouba un balón no centro do campo e pon un pase en profundidade para Alejandro, quen encara a Lucas e superao por baixo, poñendo por diante aos de Ares (3 - 2). E no minuto trinta e seis un fortísimo disparo de Saúl dende fóra da área supón o cuarto tanto aresán (4 - 2). Parecía que as cousas pintaban ben, pois en apenas dez minutos o conxunto local mellorara no seu xogo e deralle a volta á tortilla. Pero o Numancia non soubo, ou non puido manexar o partido e manter a renda de goles, e o conxunto ferrolano pronto déixalles claro que non viñeran ata Ares a dar un paseo.
Pouco a pouco o Racing volveu meterse de novo no partido e ter a posesión do balón. Con esta posesión e mellor xogo do Racing iriámonos aos últimos cinco minutos de partido. Cinco últimos minutos non aptos para cardíacos. Primeiro no 45´ os ferrolanos acurtan distancias por medio de Serafín, quen despois de pelexar un balón na liña de fondo entre o porteiro e dous defensas locais consegue meter un disparo cruzado 4 - 3. Tres minutos despois e nunha xogada desafortunada para os de Ares o Racing empata o partido á saída dun corner que un defensa local mete en propia porta. E plena euforia e celebración do conxunto visitante, os de Ares en xogada de estratexia definen dende o círculo central nun zapatazo de Saúl que volve desfacer o empate. No tempo engadido tería o conxunto ferrolano unha última oportunidade para igualar o partido ao saque dunha falta lateral, pero o balón vaise lixeiramente cruzado. Esta sería a verdadeira xogada do partido, pois Santos Mato con esta xogada daría por finalizado o encontro. Ao final vitoria sufrida do Numancia por 5 - 4, ante un Racing que pelexou ata o ultimo segundo para non se ir de baleiro de Prados Vellos. Nesta ocasión non puido ser e os tres puntos quedaron en Ares.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.