ALEVÍNS. NUMANCIA, 2 - NARÓN B, 0
MERITORIA VITORIA LOCAL.
Mínima vantaxe local ao descanso nun partido disputadísimo.
Ares, 26 de novembro de 2011
Partido de liga correspondente á oitava xornada do grupo terceiro, celebrado en Prados Vellos.
As aliñacións foron estas:
NUMANCIA: Fran; Jaime, Víctor, Saúl, Pablo, Enol, Iván, Fran Anido, Antonio, Martín, Marcos e Raúl.
NARÓN B: Marcos, Juan, Alejandro, Iago, Iago Martínez, Xabier, Pablo, Álvaro, Juan Rodríguez, Iván Amigo e Caio.
ÁRBITRO: José Priegue Leis.
GOLES: Saúl e Martín.
COMENTARIO: Dúas partes claramente diferenciadas: na primeira, o Numancia controlou o partido e creou máis ocasións, aproveitando unha delas para adiantarse no marcador. Todo cambiou nos segundos vinte e cinco minutos, onde o equipo visitante se fixo co dominio, creando ocasións suficientes como para lograr un empate máis ca merecido. Mais xa sabemos que no fútbol deciden os goles e foi Martín, ao recoller un rexeite, quen sentenciou este partido.
Ao remate do partido, o adestrador local, Taino, comentaba que “os nenos pelexaron ben” e que só está descontento porque non lle satisface unha faceta no xogo local, concretamente o labor defensivo do equipo,“non sabemos defender coma equipo e imos ter que traballar nos adestramentos este aspecto”.