ALEVINS. CANIDO, 0 - NUMANCIA, 2.

ADR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Canido 0 - Numancia 2. A Gándara - 3.VITORIA POR INSISTENCIA
Segunda xornada da Copa alevín no seu grupo I, onde o Numancia derrotou, non sen certo sufrimento a un correoso Canido nas magníficas instalacións de A Gándra en Ferrol.


A Gándara 6 de maio do 2011.

ALINIACIONES:
CANIDO: Martín, Manuel, Santi, Pablo, Diego, Pablo, Diego e John.

NUMANCIA: Adrián, Fran M., Pablo, Alejandro, Piñeiro, Luís, Antón. Fernando, Adri García, Alexis, Antonio e Diego.

GOLES: Luís e Antón.

COLEXIADO: D. Sylvie Le Prince Tchoukali (Delegación de Ferrol).

Tarde de venres con tempo irregular. Boa temperatura pero nubes que deixaron incluso algún pequeño chubasco. Xogaban na Gándara o Canido e o Numancia o seu partido de Copa alevín.

Comezaba o encontro con dominio territorial do Numancia. Os numantinos tentaban como sempre impor o seu xogo combinativo. Os aresáns levaban o peso do partido, pero sen a frescura nin o ritmo suficiente para adiantarse no marcador. Nos últimos metros, os fallos numantinos e o bo acerto do meta local impediron o gol do noso equipo. Para colmo, o Canido aproveitou un par de indecisións na defensa aresá para levar perigo a meta defendida por Adrián. Non houbo goles nesta primeira metade, polo que nos retiramos ó descanso co 0 - 0 inicial.

A segunda parte, foi un monólogo dos de Ares. Os nosos xogadores saíron a polo partido, imprimindo moita máis velocidade a circulación do balón. Os locais comezaban a acusar o gran esforzo do traballo defensivo, e daban máis facilidades atrás. Aínda así, tardou en chegar o gol dos de Ares, xa que nesta tarde de venres a pólvora dos vermellos estaba algo mollada. Por sorte, unha boa internada por banda de Adri García remata cun bo centro déste sobre Luís, que soamente ten que empurrar o balón o fondo das mallas locais para conseguir o 0 - 1, cando quedaban 10 minutos para o final. Neses últimos minutos, rompeuse o encontro e conseguiu o Numancia o 0 - 2 por medio de Antón. Puido haber mais goles, xa que os de Ares asumiron riscos innecesarios e fallaban en ataque. O Canido pola súa parte aproveitaba o exceso de ambición numantina para intentar recurtar diferencias. Finalmente, o marcador non se moveu mais e chegamos o final do encontro co resultado coñecido de Canido 0 – Numancia 2.

En definitiva, bo partido do Numancia en canto ó xogo realizado durante o mesmo, corroborado cun bo traballo defensivo. Aínda así, quedan por mellorar algúns aspectos mentais. Debe este Numancia alevín aprender a controlar as situacións do xogo e manexar mellor ós tempos do partido. De aquí en adiante, veñen ós partidos mais bonitos e decisivos da tempada, nos que de seguro, o resultado final decidirase por pequenos detalles. ¡¡Seguiremos traballando¡¡¡

O vindeiro mércores, temos partido en Mugardos ante o equipo anfitrión, ás 16:40, un partido enmarcado dentro da xornada de convivencia G. Mugardos – Numancia. Este partido terá unha duración de 40 minutos, sen descanso no medio.

O martes 17 de maio o Numancia alevín participará nas instalación de Abegondo no 8º Torneo do R.C. Deportivo de A Coruña. Neste torneo o Numancia medirase co Maravillas “A” ás 10:40 e co CD Lugo “B” ás 11:55. Estes partidos terán unha duración de 20 minutos, sen descanso no medio. Dependendo dos resultados nesta fase previa, o Numancia alevín avanzará ou quedará eliminado do Torneo.

Como vedes, temos moita actividade neste mes de maio. En canto a Copa, o vindeiro fin de semana toca xornada de descanso. Volveremos coa Copa na fin de semana do 20-21 de maio recibindo en Ares o equipo revelación do grupo, o As Pontes “B” nun partido que promete ser emocionante.

¡¡¡Todos cos alevíns neste bonito mes de maio¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.