ALEVÍNS. TORNEO DE MANIÑOS

ADR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Torneo de Maniños. O Pote.BO TORNEO ANTES DAS VACACIÓNS
O pasado fin de semana, participou o Numancia alevín no Torneo de Maniños, xunto co equipo anfitrión, o G. Mugardos e o G. Caranza. Por parte do Numancia participaron no Torneo ós seguintes xogadores:

 

Numancia: Adrián, Raúl, Piñeiro, Alexis, Luís, Pablo, Antón, Fernando, Adri García, Anido, Fran M. e Alex Feal.

O primeiro encontro tiña como escenario a semifinal do Torneo, o venres as 18:30 da tarde.

NUMANCIA 3 - G. MUGARDOS 3.

Na primeira metade, ós numantinos intentaban impoñer o seu xogo combinativo. Non era posible debido a gran presión do rival e as escasas dimensións do campo. Foi dono o Mugardos da primeira metade, marchándose o descanso cun 0 - 2 o seu favor.

Nos inicios da segunda metade, non cambiaba a dinámica do encontro e os mugardeses ampliarían a súa vantaxe conseguindo o 0 - 3. Pero nos últimos 15 minutos do partido, o Numancia cambiou o estilo e arriscou. Gracias a un fútbol directo e o empuxe e sacrificio dos numantinos, Antón por dúas veces e Piñeiro conseguían bater a portería mugardesa e deixar o resultado final en 3 - 3.

Na tanda de penaltis, Antón, Alexis e Luís marcaron os lanzamentos numantinos e Fernando foi quen de atallar un dos lanzamentos mugardeses, clasificando ós de Ares para a final do torneo.

Ó sábado as 12:00 xogábase a final entre o Numancia e o G. Caranza.

NUMANCIA 0 - G. CARANZA 4.

Nos primeiros minutos, o Caranza conseguía o 0 - 1. Os ferroláns dominaron a primeira fase do partido. Nos últimos intres da primeira metade, tivo o Numancia ós seus mellores minutos, pero non poido conseguir o empate antes do descanso.

Na segunda metade, vimos un partido equilibrado ata que o Caranza conseguiu o 0 - 2. A raíz dese gol, ó de Ares foron descaradamente a polo empate, arriscando moito. Non houbo a sorte do día anterior e os ferroláns anotaban dous goles mais ó contraataque establecendo o 0 - 4 co que remataría o encontro. Polo tanto o G. Caranza proclamábase campión do Torneo. Noraboa.

En definitiva, un bonito Torneo que serviu para que os nenos tiveran partidos na xornada de parón entre a Liga e a Copa. Dous partidos esixentes tivo o Numancia, que de seguro, servironlle para seguir mellorando. Agradecer o Cultural Maniños a invitación e o bo trato dispensado durante o Torneo.

Agora tocan as vacacións merecidas de Semana Santa. O luns 25 retomaremos ós adestramentos. O fin de semana do 28 - 29 debutamos na Copa en Ares ante o Meirás. Posteriormente visitamos ó Canido na Gándara. Logo xornada de descanso na Copa e participación no torneo do Deportivo, o día 17 de maio. Nas dúas últimas xornadas de Copa recibimos o As Pontes “B” e visitamos o G. Caranza “D”.

E despois…. ¡¡¡xa veremos¡¡¡ Eliminatorias de Copa ou Torneos de fin de tempada. ¡¡¡Soñar e gratis¡¡

¡¡¡A seguir traballando e animando¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.