ALEVÍNS. CEDEIRA, 5 - NUMANCIA, 6.

ADR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Cedeira 5 - Numancia 6. O Beco.GRAN DOSIS DE MORAL
Ningún equipo deu nada por perdido, alternancia no marcador, e emoción ata o último minuto.


O Beco (Cedeira) 2 de abril de 2011.

ALINIACIÓNS:
CEDEIRA: Gonzalo, Damián, Bruno, Fran, Ethan, Pedro, Julián, Joaquín, Miguel, Daniel e Juan.
NUMANCIA: Nando, Fran, Raúl, Alexis, Pablo, Anido, Antón. Adrián, Adri García, Alejandro, Antonio e Alex Feal.

GOLES:
Cedeira: Joaquín (3), Fran e Daniel.
Numancia: Antón (4), Antonio e Alexis.

COLEXIADO: D. José L. Corral Franco. (Delegación de Ferrol).

Vixésimo quinta xornada da liga alevín onde o Numancia venceu nun bonito e trepidante partido ó Cedeira no campo de O Beco ante un bo número de afeccionados dos dous conxuntos.

Nunha preciosa maña de sábado tocáballe ó Numancia alevín madrugar e saír cara a Cedeira. Unha vez alí serían amablemente recibidos polo persoal do equipo local e todos desfrutarían dun precioso partido de fútbol alevín.

Foi un partido moi aberto. Comezaron mellor ós locales, mais metidos no partido. Tras varias ocasións chegou o premio do gol para o Cedeira. 1 - 0, xusto castigo para un Numancia durmido. Sería a raíz do gol, no minuto 10 cando os numantinos espertarían. Colleron o sitio no campo, enlazaron varias xogadas combinativas e froito dese dominio chegaría o 1 - 1 por medio de Antón en xogada individual. Tocáballe reaccionar ós locais. Fixérono quitándolle o balón ó Numancia e conseguindo o 2 - 1. Pero por sorte para a parroquia numantina, viríanse arriba ós de Ares e antes do descanso un córner maxistralmente executado por Anido e rematado ¡¡¡de cabeza¡¡¡ por Alexis o fondo das mallas cedeiresas. Medio gol de Anido e outro medio de Alexis. Xenial xogada de estratexia e 2 - 2 ó descanso neste bonito partido.

Na reanudación, saiu moito mellor ó Numancia. En 10 minutos, conseguiu o Numancia poner terra de por medio no marcador. Dous novos goles de Antón, un de falta e outro de disparo lonxano, e un gol de Antonio despois dunha xogada combinativa que finalizou con vaselina, poñerían o marcador nun 2 - 5 a falta de 15 minutos. Pero ós de Cedeira son xente forte, que non se rinden nunca. Foron capaces de colocarse cun 4 - 5. Por sorte Antón sairía ó rescate de novo para o Numancia, 4 - 6. Pero novamente o Cedeira achegaríase no marcador, 5 - 6. Nos últimos intres do encontro pecharon ós locais o Numancia, pero sen sorte. Tamén nos contraataques poido ampliar a vantaxe o equipo numantino. Finalmente, o marcador non se moveu máis, finalizando este precioso partido co marcador coñecido de Cedeira 5 – Numancia 6.

En definitiva, un gran encontro de fútbol alevín, unha festa. Destacar a gran participación de todos ós xogadores de ámbolos dous conxuntos, todos xogaron e todos dispuxeron de bastantes minutos, tanto no Cedeira como no Numancia. ¡¡¡A formación por riba da competición¡¡. Foi algo bonito de ver, sabendo como está o panorama actualmente no fútbol. Polo tanto felicitar ós dous equipos polo partido realizado. Felicitar dende esta web o Cedeira pola súa aposta pola formación dos nenos e polo bo xogo realizado. Hoxe non mereceron perder, aínda que iso e o de menos. ¡¡¡Moita sorte na Copa¡¡¡

Polo que respeta ó noso Numancia, bo partido hoxe en Cedeira. Moita entrega e sacrificio dos nenos. Gran traballo no aspecto ofensivo, aínda que demasiado inocentes no aspecto defensivo. ¡¡¡Toca seguir mellorando, facerse fortes, seguir madurando¡¡¡

O próximo venres última xornada de Liga. Despedimos esta competición ligueira ante o Miño en Prados Vellos. ¿Quedaremos cuartos ou quintos? Haberá xente que non durma en toda a semana pensando niso, outros seguramente, estaremos contentos pase o que pase por ver a TODOS ós nenos xogar, divertirse, aprender e facer deporte.

¡¡¡Vémonos TODOS o venres en Prados Vellos despedindo a Liga ante o Miño¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.