ALEVÍNS. NUMANCIA, 0 - G. CARANZA "D", 9.

ADR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Numancia 0 - G. Caranza PARTIDO PARA APRENDER E OLVIDAR.
O Caranza non tivo compasión e deulle un severo correctivo a os de Ares en Prados Vellos.


Ares 25 de marzo de 2011.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Adrián, Antonio, Piñeiro, Alejandro, Pablo, Luís, Antón. Fernando, Adri García, Anido, Alex Feal e Diego.

G. CARANZA “D”: Bruno, Dani, Jorge, José, Daniel, Gabriel, Carlos, Álvaro, David, Javi, José, Carlos.

COLEXIADO: D. Roberto Landrove Sande (Delegación de Ferrol).

 



Vixésimo cuarta xornada de Liga onde o Numancia alevín nada tivo que facer ante o líder da competición en Prados Vellos ante a súa fiel afección.

Nunha tarde de venres con nubes e sen choiva, recibía o Numancia alevín a visita dun equipo composto por xogadores de segundo ano, que viña disposto a dar o golpe de autoridade pertinente para sentenciar a Liga, falamos do Galicia de Caranza “D”.

Xa dende o comezo do encontro, parecía claro que os visitantes levarían o peso do mesmo, a sua maior corpulencia e o seu bo desprazamento de balón, impedían que o Numancia fóra quen de roubarlles o esférico. Tiveron varias opción para adiantarse, pero non tiveron sorte nos primeiros minutos. Mediada a primeira metade parecía que os locais sacudíanse o asedio visitante. Pero cando mellor estaban os numantinos, chegou o primeiro gol visitante, un regalo. 0 - 1 ós 12 minutos de xogo. Duro golpe para o Numancia que non soubo reaccionar e viu como antes do descanso o Caranza anotaba o 0 - 2 noutro regalo. Xusto resultado de 0 - 2 no intermedio, xa que soamente existira un equipo sobre o campo.

Na segunda metade non comezou mal ó Numancia, pero viuse co 0 - 3 ós 5 minutos da reanudación. Arriscaron os de Ares cambiando momentáneamente o sistema de xogo, colocando dous dianteiros e deixando soamente un home na defensa. Non saiu ben a xogada, xa que non houbo claridade en ataque e os riscos asumidos en defensa propiciaban dous novos goles para ós visitantes. 0 - 5 no minuto 30 de xogo. De ahí ata ó final, ós xogaodores de primeiro ano do Numancia cobraron aínda mais protagonismo nun partido que xa estaba decidido. Deron a cara ós de Ares ata o final pero non poideron coa maquinaria do Caranza en estado de gracia, todo o contrario que ós xogadores numantinos nesta tarde, que sorte non tiveron ninguna. Polo tanto, non tivo compasión o equipo visitante e rematou o partido co anecdótico resultado xa coñecido de 0 - 9.

En definivita, un cúmulo de cirsunstancias impediron ó Numancia alevín plantarlle cara o líder da competición. Un Caranza “D” que viu a por todas, antepoñendo a competición por enriba doutros aspectos do fútbol ALEVÍN. Así e moi difícil poder plantar cara a un equipo que non fixo ningún tipo de concesión.

Agora o Numancia alevín afronta ás dúas últimas xornadas da competición de Liga. O próximo fin de semana toca visitar o Cedeira, para dentro de 15 días rematar a Liga na casa ante o Miño. Posteriormente chegará a competición de Copa e os torneos de fin de tempada.

Quedan uns meses por diante para seguir fomentando a formación, a diversión e a aprendizaxe dos nenos. ¡¡¡Esos son os nosos únicos obxectivos¡¡¡ ¡¡¡A seguir traballando¡¡¡

¡¡¡Vémonos o vindeiro fin de semana en Cedeira¡¡¡ ¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.