ALEVÍNS. NUMANCIA, 8 - CARIÑO, 3.

ADR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Numancia 8 - Cariño 3. Prados Vellos.DIFERENZA DE RITMO
Vixésimo segunda xornada da liga alevín comarcal onde o Numancia venceu con claridade o CD Cariño en Prados Vellos ante a sua fiel afeción.


Ares 12 de marzo de 2011.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Adrián, Javi, Piñeiro, Fran, Antonio, Luís, Alex Feal. Raúl, Adri, Anido, Diego e Antón.

CARIÑO: Raúl, David, Brais, Andrea, Brais, Xandre, Martín, Raúl, Laura, María, Adrián e Damián.

GOLES: Antón (3), Alex Feal (2), Piñeiro, Luís e Anido.

COLEXIADO: D. Jose Piregue Leis (Delegación de Ferrol).

Mañá de sábado con nubes, orballo e boa temperatura. Recibía o Numancia alevín a visita do Cariño, un dos equipos da parte baixa, composto por xogadores de primeiro ano e benxamíns. Acorde con estas circunstancias, o Numancia neste partido deixou sen convocar a tres xogadores de último ano, dando mais minutos no encontro os xogadores mais novos do plantel.

Centrándonos no xogo, nos primeiros 10 minutos de encontro os numantinos pasaron por encima do Cariño, que acusou a longa viaxe. Nestos primeiros minutos, Piñeiro e Luís conseguían o 1 - 0 e 2 - 0 respectivamente, en duas xogadas individuais. Parecía que sería un partido cómodo para o Numancia, pero o Cariño non se rendeu. Os últimos 15 minutos da primeira metade foron dos visitantes, que aproveitaron a relaxación e indecisión dos de Ares para colocar o 2 - 2, resultado co que chegaríamos ó descanso.

Na reanudación, o Numancia volveu a poñerse ás pilas. Volveu o bo xogo, con ritmo, o que fixo que os locais colleran vantaxe ata poñerse cun 5 - 2. Recurtaría distancias o Cariño, colocando o 5 - 3. Pero nos últimos minutos de partido a superioridade física do Numancia, e a maior velocidade na circulación de balón, unido a un baixón dos visitantes farían que o Numancia ampliara o resultado o xa coñecido 8 - 3 definitivo.

En definitiva, un partido onde os xogadores mais novos do Numancia, acompañados por algúns mais veteranos fixeron bo xogo por fases. Non tiveron un ritmo contínuo durante o partido, pero no tempo que deron en xogar ben o balón, con velocidade, foron letais. Bo  traballo e gran aportación dos xogadores de primeiro ano, e bo traballo de acompañamento dos mais veteranos.

Felicitar o CD Cariño, que como xa dicíamos na primeira volta, e un dos equipos do grupo que mellor trata a pelota e que mellor fútbol fai  Todo un mérito dadas as limitacións que teñen de idade e de físico. ¡¡¡Ánimo rapaces¡¡¡

En canto ó Numancia, toca seguir progresando, mellorando e collendo experiencia. Quedan 4 partidos de liga, visita o G. Caranza “C”, recibir o G. Caranza “D, visita a Cedeira e rematar a liga ante o Miño en Prados Vellos. Catro partidos que decidirán a posición final na anécdotica táboa clasificatoria, pero que sobretodo servirán para seguir mellorando e para seguir rodando a TODOS ós nenos para a ilusionante competición de Copa, onde todos os equipos participantes na Liga alevín en cada un dos seus grupos, partirán dende cero.

Polo tanto o próximo partido será o vindeiro venres, en Caranza ante o Galicia de Caranza “C”, en Ferrol.

¡¡¡Vémonos todos en Caranza o próximo venres animando o equipo¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.