ALEVÍNS. NUMANCIA, 6 - ORTIGUEIRA "B", 2.

ADR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Numancia 6 - Ortigueira DEPORTIVIDADE E RESPETO.

Décimo quinta xornada da liga alevín onde o Numancia venceu con comodidade en Prados Vellos o Ortigueira “B” ante a sua fiel afección.


Ares 22 de xaneiro de 2011.

NUMANCIA: Adrián, Raúl, Adri García, Fran, Antón, Pablo, Alex Feal. Antonio, Javi, Alejandro, Anido e Diego.

GOLES: Alex Feal (2), Alejandro, Antonio, Pablo e Antón.

COLEXIADO: D. Francisco A. García Rodríguez (Delegación de Ferrol).

 



Nunha mañá de frío, sol e vento, entre agradecementos e fotografías, recibía ó Numancia o equipo do Ortigueira “B”, un conxunto formado por xogadores de primeiro ano e algún benxamín, que non poido estrear o seu casillero de puntos esta tempada. Presentábanse os de Ortegal con 7 xogadores, ós xustos para desputar ó encontro sen posibilidade de recambios. O Numancia presentouse a este encontro cos 12 xogadores posibles, iso si, esta vez algúns xogadores veteráns quedaron fora da convocatoria e outros tiveron menos minutos, dando mais oportunidades os xogadores de primeiro ano.

O encontro comezaba con gol, xa que Alex Feal era quen de rematar un centro que chegou ó seu poder cando estaba no punto de penalti, e conseguiu un fermoso tanto rematando de primeira. Xa na primeira metade, chegarían tamén ós goles de Pablo e outra vez de Alex Feal en dúas xogadas combinativas dos aresáns. Para pechar o marcador nesta primeira metade, Alejandro facía o 4 - 0 nun precioso disparo logo doutra xogada combinativa dos de Ares.

Na segunda metade, conseguía o 5 - 0 Antonio. Nesta segunda metade, había moito protagonismo para ós xogadores mais novos, para un equipo de futuro. Iso aproveitouno o Ortigueira conseguindo 2 goles casi consecutivos. Pero ó Numancia volveu a coller o timón do encontro e Antón pecharía o marcador conseguindo o 6 - 2 a 10 minutos do final.

En definitiva, un partido onde ó Numancia soubo respetar o seu adversario, aspecto fundamental no fútbol. Un encontro onde tiveron especial protagonismo ós nenos de primeiro ano, con moitos minutos e 4 dos 6 goles do equipo. Non se trata de humillar nin de golear a ningún equipo, trátase de que TODOS participen, TODOS aprendan e TODOS marchen felices para á casa.

Agora veñen dous partidos difíciles e “importantes”. Toca visitar o Amistade Meirás e recibir posteriormente en Prados Vellos no derby o G. de Mugardos. Partidos ante dous equipos de nivel parello ó Numancia, que están tamén situados na zona media – alta da táboa. Bonitos partidos para seguir medindo ó nivel do Numancia, para “competir” e sobre todo para seguir poñendo a proba ós xogadores numantinos, partidos perfectos para que TODOS poidan seguir mellorando.

Para seguir mellorando, competindo e sobretodo desfrutando do fútbol necesitan sentirse arroupados por toda a afección, sobretodo nestes dous compricados encontros que se nos aveciñan. Polo tanto, como xa dixen na primeira volta, toca coidar a todos ós nenos moito estos 15 días, a ver si temos a sorte de que non haxa enfermos e todos poidan aportar o seu gran de area nestes dous encontros. Sabemos que haberá unha persoa que aínda que non estea físicamente en todos ós partidos, sempre irá no corazón e na cabeza de todo o plantel alevín, polo que intentaremos aproveitar a súa disciplina e ás súas enseñanzas ata o final desta tempada. ¡¡¡Gracias por todo compañeiro, ata cando queiras¡¡¡

¡¡¡Vémonos ó sábado as 11:00 no campo de Atios en Valdoviño para “loitar” todos xuntos ante o Amistade Meirás. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.