ALEVÍNS. MIÑO, 1 - NUMANCIA, 6.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Miño 1 - Numancia 6. Gallamonde.VITORIA CON SABOR ESPECIAL
Décimo tercera xornada de Liga onde o Numancia venceu con claridade ó AD Miño en partido disputado no Municipal de Miño.


Miño 8 de xaneiro do 2011.

ALINIACIÓNS:
AD MIÑO: Juan, Rubén, Miguel, Óscar, David, Ignacio, Julio, Alberto, Marcos, Pablo e Martín.

NUMANCIA: Adrián, Raúl, Pablo, Alexis, Piñeiro, Luís, Antón, Antonio, Alejandro, Anido, Alex Feal e Diego.

COLEXIADO: D. Juan José Iñíguez Balseiro (Delegación de Ferrol)

GOLES: Antón (3), Alexis, Alex Feal e Alejandro por parte do Numancia.

Nunha mañá de sábado con bastantes nubes e choiva por momentos, volvía o Numancia alevín á competición ligueira despois do parón navideño. Era un partido algo extraño por determinadas circunstancias, un partido trampa despois dun parón navideño que sempre tende a afectar na concentración dos rapaces.

Comezou o encontro cun Numancia claro dominador do mesmo. Na primeira metade os numantinos fixeron un xogo moi bonito, con bastantes xogadas combinativas con entradas por banda, aínda que non tiveron excesivo acerto ante a portería contraria. Antón e Alexis foron quen de bater ó porteiro local na primeira metade, marchando todos ó descanso co resultado de 0 - 2, que ben poido ser mais holgado se os de Ares estiveran mais acertados na definición.

Na segunda metade, xa no primeiro minuto Antón ampliaba distancias conseguindo un gol tras una maravillosa xogada individual. Afrontaba ó Numancia con mais tranquilidade o encontro dende ese momento. Isto fixo que o Miño tivera 10 minutos de un maior dominio do xogo, o que lles valeu para conseguir o seu gol, 1 - 3 a falta de 10 minutos. Pero no último tramo do encontro ó Numancia volveu a impor o seu maior ritmo de xogo e foron chegando os goles de Alex Feal, nunha bonita xogada individual, de Antón e de Alejandro Saavedra deixando o marcador final no 1 - 6 favorable ós de Ares.

En definitiva, partido notable do Numancia alevín nesta volta a competición tras o parón do Nadal. En nome de todos ós compoñentes do Numancia alevín, queremos adicar esta victoria ó noso ex adestrador Toni, que neste parón navideño viuse na obriga de deixar ó equipo por motivos persoais. En nome de todos, dicirlle que esta victoria con ese bo xogo que él tanto quería vai adicada a él. Pase ó que pase de aquí ó final da tempada, este equipo alevín do Numancia 2010 - 2011 sempre levará o selo de Toni. ¡¡¡Ata cando queiras compañeiro¡¡¡

Agora volver a rutina. Nova andaina para ó Numancia alevín neste 2011. Un equipo que intentará seguir mellorando individual e colectivamente, seguir progresando e disfrutando do fútbol ata ó final. Esta semana entrenamentos no horario habitual ó martes é xoves. O vindeiro partido será á visita o Cultural Maniños este venres 14 de xaneiro ás 18:30.

Polo tanto, xa sabédes, ¡¡¡vémonos todos ó venres no campo de O Pote en Maniños animando ó Numancia alevín¡¡¡ ¡¡¡Non podedes faltar¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.