ALEVÍNS. CARIÑO, 3 - NUMANCIA, 7.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Carino 3 - Numancia 7. Municipal de Cariño.VENCERON OS DURMIDOS

A longa viaxe e o madrugón pasou factura os de Ares que se tiveron que poñer as pilas na segunda metade.

 

Cariño, 27 de novembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
CD CARIÑO: Raúl, Brais, David, Andrea, Alexandre, Martín, Raúl, Laura, María e Adrián.

NUMANCIA: Adrián, Fran, Adri, Alexis, Luís, Pablo, Antón, Raúl, Alex Feal, Anido, Diego e Javi.

COLEXIADO: D. Julio Santiago Augusto (Delegación de Ferrol)

GOLES: Pablo, Antón (2), Anido, Alexis (2) e Luís.

Novena xornada da liga alevín de fútbol – 7 onde o Numancia venceu no seu desprazamento o Municipal de Cariño.

Maña de sábado fría pero sen choiva. Moi cedo, ás 9:15 marchaba a expedición numantina ata Cariño, para desputar o encontro ante o equipo local.
Na chegada a Cariño, recibimento moi amable e caluroso por parte do persoal do equipo local, dando todas as facilidades do mundo o Numancia, algo que se agradeceu tras a longa viaxe.
Comezaba pois o partido cun Numancia durmido, pero que conseguía espertar poñendo terra de por medio na primeira metade cun 0 - 4 que non reflexaba o acontecido no campo. Se ben e certo que o Numancia foi mais efectivo na primeira metade, o Cariño fixo un xogo moi vistoso. Se non conseguiu ningún gol na primeira metada foi gracias ós paus da portería numantina e as excelentes intervencións de Adrián. Polo tanto, inxusto marcador de 0 - 4 ó descanso.

Os primeiros quince minutos da segunda metade foron un auténtico baile dos locais ós numantinos. Xogo combinativo do Cariño, daba gusto velos e esta vez si que tiveron premio xa que conseguirón meter o medo no corpo ó Numancia, deixando o marcador en 3 - 4 ós 15 minutos da segunda metade. Pero isto foi un revulsivo para ós de Ares, que espabilaron e nos últimos 10 minutos do encontro puxeron a directa e ofreceron a súa mellor versión con bonitas xogadas combinativas acompañadas de efectividade de cara á portería contraria. Isto fixo que o resultado final fose de 3 - 7, algo abultado para ós meritos dos dous equipos.

En definitiva, victoria xusta aínda que sufrida para un Numancia que acusou o madrugón e a viaxe, pero que tivo a eficacia e veteranía para impor o seu xogo nos momentos determinantes do partido.

Un bo equipo o CD Cariño, con xogadores alevíns de primeiro ano e benxamíns. Un equipo moi novo, que foi dos que mas gustou, cun fútbol combinativo precioso e moita ilusión e ledicia xogando ó fútbol. Felicitalos polo xogo e animalos a seguir coa mesma filosofía.

En canto ó Numancia, toca seguir mellorando en todos ós aspectos. Seguir fieis ó estilo de xogo, continuar coa igualdade de oportunidade para todos e se pode ser, manterse na zona alta da clasificación.

O vindeiro sábado día intenso para a familia do Numancia alevín. As 10:00 da mañá partido ante o G. Caranza “C” en Prados Vellos e ás 22:00 recompensa ó esforzo de nenos, adestradrores e familiares coa cea de Nadal no mellor restaurante de Ares, a cantina do Numancia.

¡¡¡Vémonos o vindeiro sábado en Prados Vellos¡¡¡

¡¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.