ALEVÍNS. ORTIGUEIRA B, 1 - NUMANCIA, 10.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Ortigueira POLO BO CAMIÑO
Segunda xornada da Liga Alevín de fútbol 7 no seu grupo II onde o Numancia venceu con comodidade ó Ortigueira nas instalación orteganas de San Claudio. 

San Claudio, 9 de outubro do 2010.

 
ALINIACIONES:
Ortigueira: Tomás, Juan, Pablo, Sergio, Julen, Juan, Adrián, Noel, Alberto e Manuel
Numancia: Adrián, Antonio, Pablo, Alexis, Antón, Luís, Alex Feal. Fernando, Javi, Alejandro e Diego


COLEXIADO: D. Manuel Bejarano Estepa.


GOLES: Antón (5), Diego (2), Alex Feal, Alexis e Alejandro.


Mañá de sábado aparentemente tranquila en Ares. Tocaba a primeira viaxe longa da tempada, a San Claudio, en Ortigueira. Despois de coñecer novos sendeiros e rutas orteganas atopou a expedición numantina as instalación deportivas do Ortigueira CF.
Despois dos respectivos quencementos comezaba un partido no que o Numancia foi superior de principio a fin. Un encontro que serviu para dar moitos minutos ós xogadores de primeiro ano, e para dar descanso a outros de segundo, algún xa quedara en Ares. Dominaron os de Ares a un Ortigueira que contaba con xogadores de primeiro ano completando o equipo con algún xogador de categoría benxamín. Iso notouse no partido que foi un monólogo numantino de principio a fin. Destacar neste partido o bo xogo e a paciencia ofensiva amosada polo Numancia, lonxe de buscar goles e goles con facilidade. Fixeron un bo xogo hoxe os rápaces, excepto nós últimos minutos onde cada un quería o seu gol. Pouco a pouco van dándose de conta de que ó fútbol e un deporte colectivo, que ós pases e o bo sentido do xogo colectivo e a base principal do xogo ofensivo. ¡¡¡TODOS MARCAMOS¡¡¡ E tamén de que as axudas e o esforzó colectivo e a base primordial no aspecto defensivo. Sen entrar en mais detalles tácticos dada a idade dos rapaces, si que é cando menos importante de que se vaian adaptando a uns conceptos básicos. Queda moito que mellorar, en ataque e sobretodo en defensa. Tamén hai que seguir mellorando no comportamento, aínda que e xusto dicir a favor dos rapaces que ese tema vai a mellor progresivamente. Toca tamén mellorar o nivel individual de cada un dos pequenos “futbolistas”.
Agradecer a toda afeccion numantina que se desprazou cos seus nenos hoxe ata a lonxana vila de Ortigueira, con paciencia, ánimo, unión e bo humor como fixeron hoxe esta tempada pode ser moi bonita tanto no deportivo coma no extradeportivo para este equipo alevín do Numancia. ¡¡¡Seguimos facendo camiño¡¡¡.
Agora ós rápaces necesitan o maior apoio, comprensión é ánimo nestes próximos 15 días de outubro, antes do descanso do último fin de semana de mes.
Chegan dous partidos compricados ante equipos que a priori loitarán polos primeiros postos da táboa, Amistade Meirás e Galicia de Mugardos. Dous partidos nos que os numantinos terán unha proba de lume para ver a onde poden chegar nesta Liga. Esperémos que saian victoriosos i esta tempada ademais de bonita poda ser tamén competitiva.
Polo tanto, xa sábedes, a coidar moito ós rápaces estos próximos quince días. E como non, o vindeiro sábado pola mañá en Prados Vellos todo o mundo a animar os alevíns, fútbol en estado puro (sen cousas raras polo medio) no seu compricado partido ante o Amistade Meirás. Vémonos o vindeiro sábado en Ares noutra festa do fútbol alevín. ¡¡¡Din os nenos que non lles podedes fallar¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.